SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ACOMETE OBRAS DE REXENERACIÓN EN 30 CAMIÑOS MUNICIPAIS



O Goberno local de Sober está rexenerando unha trintena de camiños municipais espallados por todo o Concello, o que beneficia a todas as parroquias. O presuposto para levar a cabo estes traballos supera os 200.000 euros.
 
Dunha banda, estanse a facer actuacións con cargo ao Plan Marco de Camiños Rurais, que conta cun presuposto de 117.000 euros que se financia a través do AGADER con 97.000 euros e unha achega do Concello de 20.000 euros. Neste Plan están incluídos os accesos a Sistindomato dende a estrada de Monforte, ao Campo de Pinol dende a estrada de Doade e a Igrexa de Neiras dende a estrada de A Gándara, as tres obras con aglomerado en quente.
 
Ademais con cargo ao Plan Marco faranse os accesos en O Cadabal (Doade), os accesos a Castroseiros e A Devesa (en Neiras), tamán As Forcadas e O Lameiro (en Amandi) a Cima de Vila e O Barrio (en Figueiroá) e a Rivas (en Rosende).
 
No marco do Plan de Obras e Servizos que financia a Deputación de Lugo e o Concello de Sober está previsto rexenerar os accesos a O Vidual (en Doade),  Pinol de Abaixo en Pinol,  A Somoza (Santiorxo) , A Lama de Liñarán, Mourentán (en Doade) e Paradela (en Santiorxo). Estes traballos correspondentes ao POS están presupostados en 40.000 euros.
 
A maiores, con cargo a fondos propios do Concello de Sober e cun presuposto de preto de 50.000 euros tamén se realizan traballos de rexeneración en As Laxes (Proendos), Sante de Abaixo (en Bulso), Casanova (en Bolmente), Prados (en Figueiroá),  Vilastrille de Abaixo (en Proendos), O Campo de Bulso, Naz de Abaixo (en Rosende), A Barca (en Anllo), así como no Camiño Novo da Panadería en Canabal, entre outros.
 
Todos estes traballos compleméntanse co bacheo xeral das estradas de titularidade municipal e o desbroce das cunetas.
 
Aposta polo rural
O alcalde, Luis Fernández Guitian, explica que este importante plan de rexeneración de camiños municipais “é unha mostra indiscutuble da aposta do Goberno local polo rural e pola mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas”. Sen desatender, engade, a importancia de ter uns camiños coidados “para recibir as miles de visitas que temos cada ano”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com