SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO



O Goberno local do Concello de Sober vén de abrir o prazo de matrícula para formar parte da Escola Municipal de Teatro da localidade, que cumpre dous anos de andaina. Os interesados e interesadas en anotarse ás clases, que será totalmente gratuítas e correrán a cargo da dramaturga e directora de escena Eva F.Ferreira, poden facelo ata o día 30 deste mesmo mes no Centro Sociocultural da localidade.
 
Dende a Escola Municipal de Teatro apuntan que  “despois dos desafíos do primeiro ano, coa exitosa actuación ao aire libre dos maiores acompañados da Banda de Música de Sober e o aplaudido musical galego-inglés dos máis pequenos, o obxectivo deste ano é seguir mantendo o listón ben alto e continuar coas colaboracións co resto de escolas municipais”. 
 
A aulas están dirixidas a alumnos e alumnas de todas as idades a partir dos 6 anos co único requisito “de que teñan ganas de aprender e pasalo ben”, precisa a directora. Faranse grupos segundo as idades e o número de persoas anotadas e non é preciso contar con experiencia previa neste tipo de actividades para inscribirse.
 
As clases, que se impartirán no Centro Sociocultural, serán prácticas, cun enfoque lúdico e comunicativo. “Segundo os grupos se vaian consolidando esperamos poder realizar máis actividades en diferentes momentos do curso, así como levar o teatro a outros puntos do Concello de Sober, seguindo coa liña de achegar o teatro ao pobo”, explica a profesora.
 
Reunión o sete de outubro
O horario, de novo, decidirase entre as persoas matriculadas no primeiro encontro do curso, que será o venres día sete de outubro no Centro Sociocultural en dúas quendas: grupo infantil, ás cinco da tarde, e grupo adulto ás seis. Se algunha persoa non puidera asistir a esta primeira reunión pode contactar coa profesora no número 658273364.
 
Canteira de actrices e actores soberinos
A través da Escola Municipal de Teatro, o Goberno Local do Concello de Sober pretende reforzar a oferta en formación, fomentando a sensibilidade artística e a afección polas artes escénicas entre todos os públicos, así como facer partícipes aos soberinos e soberinas da dinamización sociocultural do municipio e da súa contorna.
 
O rexedor, Luis Fernández Guitián, destacou “o éxito que tivo a creación desta Escola o pasado ano, que contou cunha enorme aceptación por parte dos veciños e veciñas e unha gran afluencia de público nas representacións”. Ademais subliñou a importancia do desenvolvemento desta Escola “de cara a crear unha canteira de actores e actrices que no futuro poidan ser profesionais do teatro galego. “Sober ten unha fonda tradición musical á que agora queremos unir tamén o teatro e a expresión dramática”, concluíu.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com