SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
FINALIZADAS AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DA RÚA IGREXA DE SOBER



O Goberno local do Concello de Sober vén de finalizar as obras de urbanización da Rúa da Igrexa da localidade. Así o avanzou o rexedor, Luis Fernández Guitián, quen precisou que as actuacións foron financiadas pola Consellería de Presidencia, dentro do Plan de Infraestruturas Urbanas, cun orzamento duns 80.000 euros.
 
Guitián precisou que “os traballos consistiron na pavimentación con adoquín de formigón das dúas rúas de acceso á Igrexa, dende a súa intersección coa Rúa Progreso ata a Rúa Comercio”. O rexedor sinalou ademais que tamén se mellorou a praza da Igrexa.
 
Os operarios procederon, en concreto, á instalación de novas luminarias e a instalación de tubos para soterrar as instalacións eléctricas e de telefonía. Ao mesmo tempo renovouse con granito a escaleira de acceso a Rúa da Mina e acondicionouse a senda peonil do Sabugueiro, que comunica a estrada de Monforte coa propia Rúa da Igrexa.
 
O rexedor avanzou ademais que “con estas actuacións tamén se mellorou o tráfico rodado coa habilitación dunha trintena de prazas para o aparcamento na zona e, ademais, a Rúa da Igrexa contará tamén cun espazo peonil que mellora a seguridade viaria da zona”.
 
Guitián salientou a importancia da execución destas obras “que teñen a finalidade de renovar por completo espazos emblemáticos da localidade e pretenden mellorar o día a día dos nosos veciños e veciñas”.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com