SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
FINALIZADAS AS OBRAS DE URBANIZACIÓN NO LUGAR DE OUTEIRO, PERTENCENTE ÁS PARROQUIAS DE PROENDOS E ARROXO



O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar as obras de urbanización no lugar de Outeiro, pertencente as parroquias de Proendos e Arroxo.  
 
Así o avanzou o alcalde do municipio, Luis Fernández Guitián, quen precisou que “os traballos foron financiados cun montante total de 35.000 euros con cargo á Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Concello”.
 
O rexedor indicou que as actuacións consistiron na renovación completa do firme coa colocación de adoquín de granito. Ao mesmo tempo, engadiu, “tamén se aproveitou para mellorar as redes de abastecemento e saneamento do lugar”.
 
O alcalde soberino avanzou ademais que nas próximas semanas está previsto facer novas obras de urbanización, tamén con cargo á Area de RehabiIitación Integral, na Praza da Igrexa da parroquia de Bolmente.
 
Guitián salientou a importancia da execución destas actuacións “que teñen a finalidade de renovar por completo espazos emblemáticos do rural do noso municipio e pretenden mellorar o día a día dos nosos veciños e veciñas”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com