SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
PREMIADA A ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOBER NA XVII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DOS MARÍA MOLINER



A Biblioteca Municipal de Sober e o seu club de lectura Pintor de Castinande veñen de ser premiados na XVII Campaña de Animación á Lectura dos galardóns María Moliner. Con este distintivo recoñécese a intensa actividade levada a cabo ao longo deste ano na Biblioteca soberina mediante o proxecto ‘programa de animación á lectura 2016’.
 
A Biblioteca soberina recibirá como recoñecemento en forma de premio un lote duns 150 libros.
 
Na edición deste ano do certame, convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e a Fundación Coca-Cola, presentáronse un total de 605 proxectos dos cales a Comisión de Valoración seleccionou os 300 mellores programas de promoción á lectura, entre os que se atopa o da Biblioteca Municipal de Sober. Na provincia de Lugo tamén foi premiado o traballo da Biblioteca municipal do Saviñao e a de Xermade.
 
Para a elección tivéronse en conta a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e a inmersión nas novas tecnoloxías.
 
Dende a propia Biblioteca do Concello de Sober amosáronse moi satisfeitos e orgullosos deste galardón “que recoñece o noso traballo e as múltiples iniciativas levadas a cabo para fomentar a lectura no noso municipio”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com