SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER CELEBRA UNHAS XORNADAS MICOLÓXICAS OS DÍAS 11, 12 E 14 DESTE MES



O Concello de Sober colabora coa Agrupación Micolóxica Pingadouro na organización das Xornadas Micolóxicas que se van celebrar os días 11,12 e 14 deste mes de novembro. O encargado de dirixir as actividades será o micólogo Ramón Losada Pérez, membro da Sociedade Micolóxica de Madrid e veciño de Sistindomato.
 
O programa de actividades arrancará o venres día 11, en torno ás 11:00 horas, cunha saída ao campo dirixida aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. Pola tarde, sobre as 16:00 horas, levarase a cabo unha nova expedición micolóxica polos campos soberinos. A saída farase dende a Praza do Concello.
 
O sábado día 12, ás 10:00 horas, farase unha nova saída ao campo dende a Praza do Concello. Xa pola tarde, sobre as 16:00 horas, levarase a cabo a identificación, clasificación e exposición dos cogomelos recollidos. Ás 18:00 horas será quenda dunha conferencia sobre as especies tóxicas e comestibles e procederase tamén ao visionado dun documental explicativo. A xornada rematará a partir das 20:00 horas coa celebración da festa do San Martiño, onde haberá un magosto con pancetada e actuación musical.
 
O luns día 14 porase o punto e final a estas xornadas cunha nova saída, a partir das 10:00 horas, dende a Escola de Hostalería de Rosende.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca a celebración dunha nova edición destas xornadas “que xa fai varios anos que se levan a cabo no noso municipio” e agradece o traballo de Ramón Losada na elaboración dun programa “moi completo e apto para todos os públicos, que nos vai permitir distinguir aquelas variedades de cogomelos que podemos consumir e os que non”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com