SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER VACINARÁ DE FORMA GRATUITA PARA PREVIR CONTRA A ENFERMIDADE DO ‘CHANCRO’ A TODOS CASTIÑEIROS DO MUNICIPIO



O Goberno local do Concello de Sober colaborará cos propietarios de castiñeiros do municipio para protexer a todos castaños da enfermidade do "chancro". Deste xeito vacinaranse de xeito preventivo e de forma totalmente gratuíta a todas as árbores.
 
O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, precisou que “os veciños teñen ata finais de mes para comunicar nas instalacións municipais do Concello os soutos onde queren que se faga o tratamento”.
 
A inoculación da vacina farase de xeito totalmente gratuíto dende o departamento de sanidade vexetal da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida ‘Castaña de Galicia’.
 
Guitián salientou a importancia desta actuación “para loitar contra este fungo que ataca a un alto porcentaxe dos castiñeiros galegos” e animou a todos os soberinos “a solicitar a aplicación desta vacina para loitar contra  a praga”.
 
O ‘chancro’, o inimigo dos castiñeiros
O chancro do castiñeiro é unha enfermidade producida polo fungo ‘Cryphonectria parasitica’ que nos últimos tempos está afectando a un alto porcentaxe das árbores galegas e causando nefastas consecuencias para os produtores de castaña. Os síntomas máis visibles do ataque desta enfermidade son o marchitamento e amarilleo do tronco e do pé da árbore e o secado da forraxe. Trátase dunha enfermidade moi contaxiosa e activa que se transmite facilmente mediante a poda ou a realización de inxertos.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com