SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O AUDITORIO DE SOBER XA DISPÓN DUN PIANO DE COLA



O auditorio do Centro Sociocultural de Sober xa dispón dun Piano de Cola. A adquisición do instrumento era unha vella demanda da Escola Municipal de Música de Sober que con asiduidade realiza importantes concertos de música, principalmente a través das Xuventudes Musicais de España, nas que se integran as Xuventudes Musicais de Sober.
 
O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, salientou que dende a Escola Municipal de Música de Sober recibiuse con enorme satisfacción esta adquisición por parte do Concello, “que demostra a súa profunda implicación coa musica, un arte que os soberinos e soberinas levan no seu ADN”, sinalou o rexedor. 
 
Guitián apuntou que con este novo instrumento “a programación musical da Escola soberina poderá ser aínda ser superior á que xa se facía. Deste xeito o novo piano empregarase para facer aínda máis completos os recitais e os concertos”. O alcalde aproveitou para recordar que precisamente dende as Xuventudes Musicais “prevén para os próximos meses cinco concertos de gran nivel e nos que o novo piano será o protagonista na maioría dos casos”.
 
Un modelo moi valorado polos mellores pianistas
O novo piano custou un montante total de 24.000 euros financiados polo Concello de Sober, que contou con unha axuda de 6.000 euros da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
 
O rexedor soberino precisou que se trata “dun Piano C3X  Yamaha cunha extraordinaria sonoridade e moi valorado polos mellores pianistas. E adáptase perfectamente a todos os estilos: tanto á musica clásica, como o jazz ou a música moderna”.                      

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com