SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ACOMETE OBRAS DE MELLORA NA GARDERÍA MUNICIPAL



O Goberno local do Concello de Sober está realizando obras de mellora na Gardería Municipal. A inversión total das actuacións no edifico ascende a 22.600 euros, dos cales, 19.600 euros son aportados pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro do Plan de Axudas á Rede Pública de Escolas Infantís.
 
O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, salientou a importancia destas obras e apuntou “que as reformas que se están levando a cabo mellorarán substancialmente tanto a parte interior como a exterior a gardería e permitirán que os nosos nenos e nenas xoguen nunhas condicións máis cómodas”.
 
Gutián sinalou que, en concreto, as actuacións que se están realizando no Punto de Atención á Infancia Municipal consisten “na renovación das persianas, no acondicionamento e peche perimetral da área exterior de xogos e a colocación diverso mobiliario novo”.
 
O alcalde avanzou tamén que as obras, que xa están en marcha, está previsto que estean rematadas a principios do mes de decembro.
 
O rexedor soberino recordou que o “PAI de Sober conta con 20 prazas para alumnos de 0 a 3 anos e 3 profesoras. E dende fai anos esa vintena de prazas están ocupadas, habendo incluso lista de agarda para poder optar a unha”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com