SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER REMATA AS LABORES DE MELLORA DO PAVILLÓN DE DEPORTES MUNICIPAL



O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar as labores de mellora do pavillón de deportes municipal. O alcalde, Luis Fernández Guitián, amosouse moi satisfeito co resultado dos mesmos e precisou que “estas obras, que eran unha das prioridades do equipo de goberno, son xa unha realidade”.
 
As actuacións consistiron, en concreto, na colocación dunha nova grada con capacidade para 200 persoas sentadas. “Esta semana finalizamos as labores de instalación desta nova gradería”, precisa o rexedor soberino. Así mesmo, o mes pasado realizáronse traballos de acondicionamento da pista de xogo coa aplicación de pinturas adecuadas ao uso deportivo.
 
Guitián apuntou que “estas dúas actuacións leváronse a cabo con fondos municipais e supuxeron unha inversión de máis de 20.000 euros”. O alcalde salientou que “grazas a esta inversión Sober xa conta cun pavillón de deportes de acorde ás súas necesidades”.    
                  
Un edificio renovado grazas ás axudas da Xunta              
O alcalde soberino tamén quixo agradecer á Xunta de Galicia os traballos de mellora levados a cabo no edificio “que dan como resultado o pavillón renovado que agora temos para o uso e desfrute de todos os soberinos e soberinas”.
 
Guitián sinalou que “durante o verán a Consellería de Educación levou a cabo traballos de revestimento interior e exterior do edificio, cunha axuda que supuxo 40.000 euros de inversión”. 
 
O rexedor recordou tamén que “no ano 2014 dende a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e a Secretaria Xeral para o Deporte, investíronse uns 75.000 euros no cambio da cuberta e o peche de dous laterais”. E ese mesmo ano o Concello renovou a iluminación,                  cambiáronse todas as portas de acceso e fíxose un acceso directo dende a pista de xogo os vestiarios. 
                     
Un pavillón municipal multiusos
Luis Fernández Guitián aproveitou para recordar que neste edificio municipal, ademais de competicións deportivas organizadas polo Concello ou por asociacións, “tamén se levan a cabo multitude de actividades desenroladas polo colexio, se organiza a festa da terceira idade, as actividades do Entroido ou a festa infantil de Nadal, que este ano será o 27 de decembro”, conclúe o alcalde.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com