SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
FINALIZAN AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DA PRAZA DA IGREXA DE BOLMENTE



O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar as obras de urbanización da praza da Igrexa da parroquia de Bolmente.
 
Os traballos, con cargo á Área de Reabilitación Integral (ARI) de Sober, supuxeron unha inversión próxima duns 30.000 euros, dos que o 40% do montante total foi aportado polo Ministerio de Vivenda e a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia e o demais polo Goberno local. 
 
As actuacións consistiron, en concreto, na renovación do pavimento con adoquín de granito e formigón desactivado.  Adecuouse tamén unha área verde no entorno do cruceiro.
 
O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, apuntou que “estas obras supoñen unha importante mellora dun entorno completamente degradado e renovan por completo a imaxe da Igrexa Románica de Bolmente”.
 
O rexedor apuntou tamén que “o ARI de Sober é o único de Galicia que afecta a todo o territorio dun Concello e leva xa dúas fases”. Guitián recordou que ademais das axudas á rehabilitacion de máis de medio centenar de vivendas supuxo a mellora de entornos urbanos nas parroquias de Doade, Canabal, A Pena de Proendos, Mer, Naz, Rosende, O Campo de Pinol, Outeiro e Bolmente.    
 
Guitián salientou a importancia da execución destas actuacións “que teñen a finalidade de renovar por completo espazos emblemáticos do rural do noso municipio e pretenden mellorar o día a día dos nosos veciños e veciñas”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com