SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER RECIBE O NADAL CUN PROGRAMA REPLETO DE ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS



O Goberno local do Concello de Sober recibe a festividade de Nadal cunha chea de actividades dirixidas a todos os públicos que se estenderán dende o 18 de decembro ao 7 de xaneiro. “Os soberinos e soberinas poderán celebrar estas datas tan especiais participando en obradoiros, actividades deportivas, certames e xogos para os máis pequenos, entre outras iniciativas”, apuntou o rexedor da localidade, Luis Fernández Guitián.
 
O alcalde apuntou que o programa se inaugurará o día 18 de decembro a partir das 17:30 horas coa celebración dun concerto benéfico onde actuarán os alumnos da Escola de Municipal de Música de Sober, o coro Berea, a Banda Xuvenil, os alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, os máis pequenos da Gardería Municipal e a Banda de Música de Sober. “Trátase dun concerto solidario, onde os asistentes pode colaborar con un 1 quilogramo  de comida ou un xoguete para as persoas que están atravesando dificultades económicas”, apuntou Guitián.
 
Visita de Papá Noel
O programa continuará o día 21 co festival de Nadal do CEIP Virxe do Carme e o PAI. Os nenos e nenas recibirán a visita de Papá Noel e participarán en numerosas actuacións navideñas.
 
Soberlandia de Nadal
O Goberno local programa para o día 27 a festa Soberlandia de Nadal á que o Concello convida a todos os veciños e veciñas. Haberá música, inchables, obradoiros e moitas sorpresas, entre as que se atopa un carro de algodón de azucre gratuíto.
 
O día 29 tocaralle a quenda ao deporte. O ximnasio municipal acollerá sendas clases de expresión corporal e xogos de habilidade, que se repetirán o día 3 de xaneiro.
 
O luns 2 de xaneiro ás 17:30 horas celebrarase un obradoiro de informática no Centro Sociocultural para nenos de máis de 7 anos. E o día 5 ás 12:00 horas os máis pequenos do PAI e os maiores da residencia da terceira idade recibirán a visita dos Reis Magos. O programa de Nadal complementarse unha actividade de Bookcrosing coa liberación de libros no parque infantil.
 
Concursos de poesía, postais e Beléns
O Concello de Sober tamén organiza para estas festas varios certames como os de Poesía e Postais de Nadal, que ten aberta a inscrición ata o vindeiro día 22. Ademais celebrarase o VII Certame de Beléns que conta coas categorías de adulto e infantil. O prazo para participar permanecerá aberto ata o día 26 e o xurado visitará os traballos o 28. A entrega de premios farase o día 4 de xaneiro na Biblioteca Municipal.
 
Merendas do Nadal
O mércores día 28 celebrarase unha edición especial de Nadal das Merendas con Contos onde os participantes poderán desfrutar dunha sesión de cine de Nadal. Así mesmo, o día 4 de xaneiro, haberá unha maratón de panxoliñas con entrega de premios e degustación de chocolate con churros.
 
Exposición dos traballos en memoria a Lola de Penelas
O Centro Sociocultural de Sober tamén acollerá dende o día 16 de decembro ao 7 de xaneiro a  exposición dos traballos en memoria á histórica oleira Lola de Penelas, do Certame de Mulleres de Lemos organizado polo colectivo Lemos Le.
 
Ademais, o Goberno local ilumina estes días con luces de Nadal a capitalidade, Canabal e Doade.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com