|
|
NOVAS |
UNHA UNIDADE MÓBIL TRASLÁDASE A SOBER PARA PROCEDER Á ITV DE TRACTORES E MAQUINARIA AGRÍCOLA
Unha unidade móbil da ITV trasladarase ao Concello de Sober o venres día 20 e o luns 23 de xaneiro para proceder á inspección técnica de tractores e maquinaria agrícola que se realiza anualmente.
A ITV quedará instalada na Praza do Concello da localidade para proceder ás inspeccións en horario de mañá, de 9:00 horas ata ás 13:30 horas, e de 15:30 horas a 18:00 horas, en horario de tarde.
Os interesados poden pedir a súa cita previa a través do seguinte número de teléfono: 902.30.90.00 ou a través da páxina web co seguinte enlace: www.sycitv.com.
|
|
|
|
|
|