SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER CELEBRA O DÍA GRANDE DO ENTROIDO O SÁBADO 25 DE FEBREIRO



O Concello de Sober xa ten ultimados todos os actos para a celebración do Entroido deste ano 2017. O día grande da festividade será o sábado 25 de febreiro, que contará co desfile dunha gran comparsa polas rúas da localidade. Nela participarán integrantes da Banda de Música, alumnos da Escola Municipal de Música, os nenos e nenas do PAI, os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e veciños e veciñas de Sober.
 
Ao longo de toda a tarde haberá animación, música e xogos para todos os públicos e un concurso de disfraces con premios para nenos e adultos.
 
Ao remate destas actividades celebrarase o tradicional baile da Cachucha, que xa vai pola XI edición, e seguirase desfrutando do Entroido cunha degustación gratuíta de cachucha, pan do país e viño de Amandi.
 
Inicio do Entroido
Aínda que o día grande do Entroido en Sober será o sábado día 25, a festividade na localidade iníciase xa o día 16, co Xoves de Compadres. Ademais, o venres 17, os máis pequenos pasarano en grande nunha edición especial das Merendas con Contos que contará cun obradoiro de Comades e Compadres para celebrar as datas festivas.
 
O programa de actos continuará o xoves, día 23, cando se celebrará o Xoves de Comadres. E o venres 24 tocaralle a quenda aos máis pequenos do municipio cun desfile dos alumnos e alumnas dos CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e do PAI de Sober polas rúas da localidade.

Certame de Coplas
O Concello de Sober tamén convoca este ano a III edición do Certame de Coplas de Entroido, dado o éxito das anteriores convocatorias. Os traballos deberán conter carga crítica, pero sempre dentro do respecto, e terán que facer referencia a acontecementos da actualidade, sobre todo municipal. A finalidade deste certame é que se poña de manifesto, de xeito crítico e humorístico, os feitos sucedidos durante o ano.
 
Tanto as Coplas de Comadres como as de Compadres deberán ser entregadas na Biblioteca do Concello de Sober. O prazo de presentación de ambas será ata o mércores 15 de febreiro. Haberá premios para os tres mellores traballos valorados en 200 euros, 100 euros e 50 euros respectivamente. A entrega de galardóns farase coincidindo co XI Baile da Cachucha, o 25 de febreiro.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, animou a todos os veciños e veciñas a participar neste certame “así como a gozar do resto de actividades dirixidas a todos os públicos, coas que dende o Concello queremos festexar o Entroido da mellor maneira posible”. 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com