SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O I CONCURSO DE MANDAS SOBRE RASTRO NATURAL DE XABARÍL



O Goberno local do Concello de Sober colabora coa organización do I Concurso de mandas sobre rastro natural de xabaril, que se vai celebrar na localidade o sábado 18 e o domingo 19 e que promove o Coto de Caza e o Club Español del Griffón Vendeano. Estímase que a celebración desta proba achegue á localidade a 500 persoas, entre público e participantes.  
 
Trátase dunha proba a nivel internacional na que se prevé que participen cinco lotes de 6 cans cada un de diferentes razas. En concreto, haberá participación dun lote francés, dous estremeño e dous da cidade da Coruña, un total de cinco mandas (jaurías).
 
O sábado serán tres os lotes que saían ao monte e o domingo dous. A organización da proba farase o sábado día 18 ás sete e media da mañá na Praza do Toural desde onde os participantes sairán en dirección a Cadeiras. Unha vez alí farase a distribución da solta.
 
Haberá dúas entregas de premios, unha delas o sábado pola noite nunha cea no Restaurante O Xugo. A segunda celebrarase o domingo en Pantón, na Casa Antonio. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, será o encargado da entrega dos trofeos, un prato de alfarería de Gundivós.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com