SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER CONVOCA O I CERTAME DE TALLA EN MADEIRA CON MOTOSERRA, ENMARCADO DENTRO DO PROGRAMA DA XXXVII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober vén de convocar a primeira edición do Certame de talla en madeira con motoserra, que se enmarca dentro da extensa programación da XXXVII edición da Feira do Viño de Amandi, que se dará a coñecer no miradoiro da Pena do Castelo o día 4 de marzo.
 
O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, apuntou que “dende o Concello esforzámonos en cada edición da Feira do Viño de Amandi por crear novas iniciativas que atraian ao maior número de visitantes e dean a coñecer os nosos recursos”. Deste xeito, precisou o rexedor, “pareceunos unha magnífica idea a posta en marcha deste orixinal certame con demostracións dun oficio en vivo”.
 
Guitián avanzou que os traballos faranse ao aire libre na Praza do Concello entre os días 1 e 7 de abril. “Será condición indispensable que as pezas reflictan algún valor da Ribeira Sacra, relacionado coa viticultura, a paisaxe, ou o turismo, por exemplo”, indicou.
 
O Concello porá a disposición dos participantes un tronco de madeira de castiñeiro para deseñar as creacións.
 
Inscrición e premios
Os interesados e interesadas deben formalizar a súa inscrición entre o 20 de febreiro e o 20 de marzo. Poderán facelo no Concello ou a través do correo info@concellodesober.com. No momento de anotarse deberán indicar as necesidades técnicas que teñen para realizar o seu traballo.
 
O domingo, 9 de abril, daranse a coñecer aos gañadores despois do pregón da Feira. Haberá tres vencedores: o primeiro recibirán un premio en metálico dotado con 300 euros; o segundo, un premio de 100 euros e o terceiro, 50 euros.
 
Guitián anima a participar neste certame e engade que “o xurado valorará de xeito especial a relación da peza coa Ribeira Sacra e co mundo da viticultura”.
 
O alcalde soberino avanzou ademais que “todos os participantes poderán ceder as pezas ao Concello para ser expostas de xeito permanente en edificios públicos municipais. No caso contrario, poderán levalas, salvo as tres gañadoras, que serán de propiedade municipal”. As pezas de propiedade municipal poderán prestarse aos autores para exposicións, sempre que así o soliciten.


descargar as bases
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com