SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PRESENTA OS ACTOS DO MES DO AMANDI E O CARTEL ANUNCIADOR DA XXXVII FEIRA DO VIÑO



O Goberno local do Concello de Sober presentou hoxe no Miradoiro de Pena do Castelo os actos que conforman o Mes do Amandi e o cartel anunciador da XXXVII Feira do Viño de Amandi, obra do monfortino José Carlos Quiroga Losada. Este ano a feira estará dedicada ao veciño Concello ourensá de Nogueira de Ramuín.
 
A primeira das actividades foi a presentación, nun dos lugares emblemáticos do Concello, desde o que se ven boa parte das viñas dos adegueiros, do Mes do Amandi, así como do cartel anunciador. Ao remate do acto houbo unha degustación de viño de Amandi para os adegueiros presentes, así como para os medios de comunicación convidados.
 
O mesmo día, sábado 4, ás 20 horas o Centro Sociocultural terá lugar un concerto de piano a cargo da pianista malagueña Esperanza Martín López. A actuación servirá para estrear o novo piano de cola adquirido polo Concello de Sober. Ao remate tamén se brindará con viño de Amandi.
 
O seguinte dos actos programados no marco do Mes do Amandi será o día 16 de marzo. Entre as 12:00 e as 14:30 horas haberá unha Xornada de maridaxe de Viño de Amandi con Castaña de Galicia na Escola de Hostalería de Rosende. Na xornada colaboran a Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández e I.X.P. Castaña de Galicia.
 
O sábado 18 de marzo ás 12:00 horas no Centro Sociocultural farase a presentación da Asociación de apicultores da Ribeira Sacra, que terá a súa sede en Sober.Ao remate do acto haberá unha degustación de mel e produtos apícolas da Ribeira Sacra.
 
Un dos actos máis curiosos do Mes do Amandi é a Cata comentada de viños de Amandi para mulleres embarazadas. Vaise celebrar o 25 de marzo ás 12:00 horas no Centro Sociocultural e será dirixida por Humberto Loureiro.
 
O venres 31 de marzo os participantes nas Merendas con contos da Biblioteca Pública Municipal visitarán a viña municipal dos Chancís para coñecer diversos procesos no coidado dos viñedos. A saída farase ás 18:00 horas da Praza do Concello.
 
O sábado 1 de abril ás 11:30 horas no Centro sociocultural celebrarase a Xornada “A imaxe dos viños” (A importancia do etiquetado. Deseño, normativa, tendencias e ferramentas) que vai dirixir vinosacra.es.
 
O xoves 6 de abril de 09:00 a 14:30 horas o Centro Sociocultural de Sober acollerá a Xornada Técnica “Estratexias de control do Mildeu na vide” organizada pola Estación de viticultura e enoloxía de Galicia.
 
En canto á XXXVII Feira do Viño de Amandi, o programa de actos será o seguinte:
 
Sábado 8 de Abril
 
-Ás 11:30 horas: Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XXXVI Feira do Viño de Amandi.
-Ás 12:00 horas: Apertura Oficial a cargo de Adega MEZQUITA en lembranza a seu fundador Pedro López Fernández.
-Ás 12:15 horas: Actuación do Grupo de Música Tradicional do AGADIC.
-Ás 17:30 horas: Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Centro Sociocultural de Sober.
-Ás 18:30 horas: CONCERTO da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
-Ás 22:30 horas: Actuación Musical.
-Ás 0:.00 horas: Actuación de Gin Toni´s.
 
 
 
Domingo 9 de Abril
 
-Ás 10:30 horas: Disparo de 24 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante)
-Ás 10:45 horas: Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11.00 horas. Pasarrúas coa BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
Ás 11:30 horas: Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
Ás 11:30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-Ás 12:30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 13:00 horas: PREGÓN.
-Ás 13:30 horas: Entrega de Premios os adegueiros.
-Ás 17:00 horas: Actuación da Charanga NBA.
-Ás 19:30 horas: Baile coa orquestra TREBOL.
 
Dúas exposicións na Casa da Cultura
A programación complétase con dúas exposicións. Unha delas, do 8 ao 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober onde estarán expostos os traballos presentados ao concurso de carteis da XXXVII Feira do Viño de Amandi e os debuxos presentados o III Certame de debuxo infantil.
 
Concurso de carteis, adhesivos e talla con motoserra
A XXXVII edición da Feira do Viño inclúe a convocatoria de tres concursos. O concurso de carteis, ao que se presentaron 40 orixinais chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado, integrado polos profesionais do deseño Humberto Loureiro, Doa Ocampo e Alejandro Ciurluini, acordaron outorgar o  primeiro premio o traballo presentado por José Carlos Quiroga Losada de Monforte de Lemos e concedéronse accésit aos traballos presentados por Ana Santiso Vilar e Edhit Nieves Sánchez.
 
O Concurso de talla con motoserra realizarase na Praza do Concello de Sober entre o 1 e 7 de Abril e ten por obxecto realizar pezas de artesanía  que inicialmente formaran parte do mobiliario da Feira do Viño de Amandi e posteriormente decorarán os edificios públicos de Sober (Casa do Concello, Centro de Saúde, Colexio Público, Casa da Cultura ou Oficina de Turismo)
 
Tamén se convoca un Concurso de debuxo infantil que ten como obxectivo elaborar un adhesivo co debuxo ganador. O concurso está aberto a todos os centros de ensino primario da Comarca de Lemos.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com