SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONTINÚA RENOVANDO AS MARQUESIÑAS DO MUNICIPIO



O Goberno local do Concello de Sober continúa cos traballos de renovación e ampliación das marquesiñas do municipio. A renovación das estruturas foi executada polos traballadores do módulo de carpintería do Obradoiro de Emprego concedido pola Xunta de Galicia que Sober comparte cos Concellos de O Saviñao e Pantón.
 
Nesta ocasión procedeuse a construción e colocación de marquesiñas dos lugares de Naz (en San Martiño de Anllo),  A Cruz (en Rosende), A Burdalla (en Anllo Santo Estevo), Froxán (en Proendos), A Regueira (en Barantes), Cantón (en Amandi) e Ceceda (en Doade).
 
O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, amosouse moi satisfeito destas actuacións e precisou que “as marquesiñas foron instaladas tendo en conta criterios como o lugar, o estado da anterior cuberta e os usuarios”. O rexedor avanzou ademais que “todas elas están adaptadas para cadeiras de rodas e foron elaboradas con madeira tratada para exteriores”.
 
Máis de 30 marquesiñas renovadas nos últimos anos
Guitián puxo en valor a importancia destas obras “coas que se mellora notablemente a imaxe do lugar e dáse un mellor servizo para o transporte escolar e para o servizo de autobuses”.
 
Recordou que “xa son máis de 30 as marquesiñas de madeira colocadas nos últimos tres anos no municipio”, nalgún caso son novas colocacións e noutros a renovación das antigas estruturas de chapa ou plástico”.  
 
O alcalde tamén avanzou que co próximo obradoiro “está  previsto seguir ampliando e renovando marquesiñas para o uso desfrute dos nosos veciños e veciñas”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com