SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROL REALIZA O SÁBADO A RUTA DE SENDEIRISMO VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA, ENTRE ANLLO E ROSENDE



A Asociación de Persoas Xordas de Ferrol fará o sábado día 20 unha andaina entre Anllo e Rosende coa colaboración do Goberno local de Sober. Trátase da sexta ruta de sendeirismo que os ferroláns realizan pola Ribeira Sacra; en concreto ao Concello de Sober.
 
A VI Ruta de sendeirismo Viñedos da Ribeira Sacra partirá ás once do Campo da Festa de San Miguel de Rosende. Tras un percorrido de 13,3 quilómetros, cunha dificultade media-baixa, a ruta rematará nos Chancís. Estímase que a duración sexa de algo máis de catro horas. Ao remate cearán nun local hostaleiro de Sober. Aproveitarán o traxecto para coñecer varias mostras de arquitectura tradiciional en Portizó e Hortás.
 
A presidenta da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, Teresa Gallo Lastra, convidou ao alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián á inauguración da VI andaina ‘Sendeiro Viñedos da Ribeira Sacra’ en agradecemento á colaboración que o Goberno local lles vén de prestar.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com