SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER TEN PREVISTO REALIZAR ESTE ANO OBRAS DE SANEAMENTO POR IMPORTE DE 750.000 EUROS



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, avanza que o Concello de Sober ten previsto realizar este ano obras de saneamento por preto de 750.000 euros.
 
A obra de maior envergadura será o saneamento de varios núcleos da parroquia de Bolmente; en concreto Ferrón, Suairexa, O Piñeiro de Arriba, O Pinar e Bolmente. A actuación será adxudicada en breve pola Consellería de Medio Ambiente e contará cun orzamento de 405.000 euros.
 
Este mes de xuño está previsto iniciar os traballos da última fase do saneamento de Millán por 43.113 euros. Trátase dunha obras correspondente ao POS do ano 2016 financiada polo Concello de Sober e a Deputación de Lugo.
 
Tamén ao longo de 2017 se van realizar obras de saneamento e depuración en Francos de Doade ás que se destina un orzamento de 73,311,77. A actuación está incluída no Plan único da Deputación Provincial.
 
Realizaranse ademais as obras de saneamento e depuración en Viloudriz (Refoxo) cunha inversión de 76,114,29 euros, dos que a Deputación achega 60,789,09 euros e o Concello de Sober 15,325,20 euros.
 
Outra obra relevante vai ser o inicio do saneamento e depuración no núcleo de Doade cun investimento de 135.520 euros dos que 48,409,32 euros serán achegados pola Deputación e 87,120 euros polo Concello de Sober.
 
Aposta polo rural
O rexedor remarca que, con estes importantes traballos, o equipo de Goberno fai unha aposta decidida polo rural, tal e como foi  seu compromiso nos últimos mandatos. Fernández Guitián avanza ademais que o Goberno local ultima proxectos de saneamento noutras parroquias que espera que sexan unha realidade “en pouco tempo”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com