SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A ESCOLA DE HOSTALERÍA FUNDACIÓN BELARMINO FERNÁNDEZ IGLESIAS IMPARTIRÁ UN CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR EN VITIVINICULTURA



Xoves, 22 de xuño de 2017.-A Escola de Hostalería Fundación Belarmino Fernández Iglesias dende o curso 2017-2018 impartirá nas súas instalacións os seguintes Ciclos Formativos:
         - Ciclo Formativo de Grao Medio Servizos en restauración.
         - Ciclo Formativo de Grao Medio Cociña e gastronomía.
         - Ciclo Formativo de Grao Superior de Vitivinicultura.

Os Ciclos Formativos de Grao Medio xa se veñen ofertando dende hai vinte anos. A novidade deste ano é o Ciclo Superior de Vitivinicultura. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, amosa a súa satisfacción porque este ciclo se vaia desenvolver na localidade, en concreto na Escola de Hostalería Fundación Belarmino Fernández, “o único na Ribeira Sacra dedicado ao mundo do viño”.

Para acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:
 
a) Título universitario.
b) Título de técnico superior ou de técnico especialista.
c) Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.
d) Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE.
e) COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
f) BUP.
g) Título de técnico.
h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores. 
i) Persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
 
O Ciclo de Vitivinicultura ten unha duración de dous anos académicos nos que se impartirán as seguintes  materias:

Curso
Módulo
MP0077. Viticultura.
MP0078. Vinificacións.
MP0079. Procesos bioquímicos.
MP0081. Análise enolóxica.
MP0083. Cata e cultura vitivinícola.
MP0088. Formación e orientación laboral.
MP0082. Industrias derivadas.
MP0080. Estabilización, crianza e envasa-mento.
MP0084. Comercialización e loxística na industria alimentaria.
MP0085. Lexislación vitivinícola e seguri-dade alimentaria.
MP0086. Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria.
MP0089. Empresa e iniciativa emprendedo-ra.
MP0087. Proxecto na industria vitivinícola.
MP0090. Formación en centros de traballo.

O título que se obtén ao rematar os estudos é o de Técnico superior en Vitivinicultura que te capacita para desempeñar as seguintes ocupacións:


·  Técnico/a vitivinícola.
·  Encargado/a de proceso de destilación e rectificación.
·  Encargado/a de recepción de mostos frescos e sulfitados.
·  Supervisor/a de columnas de destilación e concentración.
·  Encargado/a da liña de envasamento de destilados, concentrados e vinagres.
·  Encargado/a de avellentamento e crianza de destilados e vinagres.
·  Técnico/a en análise sensorial.
 
O alumnado que remate poderá traballar nos seguintes ámbitos: en pequenas, medianas e grandes empresas vitivinícolas adicadas á producción de uva, á elaboración, á crianza e ao envasamento de viño, así como en pequenas, medianas e grandes industrias de destilados de viño, concentración de mostos, elaboración de vinagres e outros produtos derivados da uva e do viño. Trátase de persoal por conta allea ou propia que exerce a súa actividade en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, produción e envasamento.
 
O prazo para solicitar a admisión aos Ciclos Medios e Superior comeza o vindeiro 26 de xuño (luns) e remata o 04 de xullo (martes) ás 13.00 hs. A documentación que se precisa é o NIF e a certificación académica da titulación coa que se pretende acceder. Os estudos que se impartirán serán totalmente gratuitos, tendo a posibilidade de solicitar Beca e o Centro dispón de bolsa de emprego.
 
A solicitude de admisión pode cursarse nas instalacións da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias, ubicadas no Pazo de Rivas, número 66, poboación de Rosende, Concello de Sober, provincia de Lugo en horario de 09.00 a 14.00 horas. O teléfono de contacto para obter máis información ou aclarar calquera dúbida que poida xurdir é o 982 460 469.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com