SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONTA CUN NOVO RECURSO TURÍSTICO NO CANÓN DO SIL, UN OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO



O Concello de Sober conta cun novo recurso turístico no Canón do Sil, un observatorio ornitolóxico que vén de ser instalado na parroquia de Bolmente, a 200 metros do miradoiro do Boqueiriño.
 
A zona esta incluída entre as máis importantes de Galicia para a observación de aves. Así, a páxina de Turismo de Galicia (http://www.turismo.gal/que-facer/birding-in-galicia/onde-ver-aves-en-galicia/canons-e-vales-fluviais/canon-do-rio-sil?langId=gl_ES) inclúe o Canón do Río Sil como un dos lugares de aves entre rochas, bosques e viñedos. Nela recomendan ata cinco roteiros, 3 deles exclusivos por Sober, dos que explican “os cantís e as penedías, alzándose impoñentes desde o Sil, os bosques misteriosos, os esgrevios viñedos, cultivados en socalcos desde tempos inmemoriais, conforman en conxunto un dos espazos paisaxisticamente máis singulares de Galicia e acollen, ademais, un bo número de atractivas especies”.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, destaca a importancia do turismo de observación da natureza, posto que cada vez “move a máis xente, o que traerá novos visitantes a Sober”, explica.
 
O observatorio conta con paneis interactivos e explicativos nos que se ofrece información dunha decena de aves que se poden contemplar desde o seu interior, entre elas a aguia real.
 
O Goberno local completou os traballos de instalación do observatorio coa axeitada sinalización para poder achegarse a este novo enclave turístico, con especial interese para os amantes das aves e tamén da fotografía, posto que as vistas que ofrece son espectaculares.
 
O observatorio está situado a 700 metros de altura, nunha zona de especial interese ornitolóxico.
 
A actuación foi feita por iniciativa do Concello de Sober e contou cunha axuda da Dirección Xeral para a Conservación da Natureza. O investimento total foi de 10.000 euros con cargo aos fondos FEADER. Ademais do observatorio de aves e da sinalización, o orzamento destinouse tamén o acondicionamento do sendeiro de acceso.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com