SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER APROBA UN ORZAMENTO DE MÁIS DE 2,5 MILLÓNS DE EUROS NO QUE PRIMA O GASTO SOCIAL E O INVESTIMENTO



O Goberno local do Concello de Sober aprobou onte o Orzamento municipal para o ano 2017, que ascende a 2.551.561.90 euros. A proposta contou cos votos a favor do equipo de Goberno, o PP, e a abstención dos Grupos da oposición.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que se trata dun orzamento “completamente aberto” no que prima o gasto social, ao que se destinan máis de 500.000 euros e os investimentos, para os que hai consignados 900.000 euros.
 
Un ano máis amplíase a dotación para a Axuda no Fogar, ao mesmo tempo que se incrementa a dotación para axudas ao transporte universitario. O orzamento recolle unha partida para Emerxencia Social e outra para fomento do Emprego con axudas directas para novos emprendedores.
 
Importante capítulo de investimentos
O rexedor municipal remarca especialmente o capítulo de investimentos, no marco do cal se destinan máis de 400.000 euros para auga e saneamento.
 
Un dos investimentos máis salientables son os 100.000 euros para a adquisición de inmobles que se van destinar a vivendas de aluguer e os baixos para centro de emprendemento, pensado principalmente en talleres de artesanía. O Goberno local investirá 25.000 euros na compra e posta en valor dun terreo na zona arqueolóxica de Proendos.
 
O orzamento tamén contemplan a construción dun novo miradoiro no lugar de A Pena do Conde na desembocadura do Cabe no Sil, preto de A Barca, para o que se contará cunha axuda de Turismo de Galicia.
 
Nas contas aprobadas onte o Goberno local contempla unha suba na achega aos equipos de fútbol locais chegando a 2.000 euros a cada un deles.
 
O orzamento inclúe tamén partidas de gasto propias para mantemento de depuradoras do rural ou mantemento de recursos turísticos, entre outras.
 
Mantéñense as taxas e prezos públicos
As taxas e prezos públicos mantéñense, non sofren ningunha suba. Así, o prezo será o mesmo que o pasado ano para a gardería, escola de música, lixo, auga ou saneamento, entre outros.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com