|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER ACOMETE AS OBRAS DA ÚLTIMA FASE DO SANEAMENTO EN MILLÁN
O Goberno local do Concello de Sober vén de iniciar as obras da última fase do saneamento en Millán. A actuación terá unha dotación de 43.113 euros e será financiada polo Goberno local e a Deputación de Lugo dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) do ano 2016.
En total o investimento destinado ao saneamento na parroquia de Millán ascendeu a 160.000 euros, o que permitiu darlle servizo a máis de 40 vivendas. Esta actuación posibilitou que toda a parroquia conte con servizo de saneamento.
O Goberno local ten previsto realizar obras de saneamento este ano por preto de 750.000 euros. Entre as máis relevantes, a actuación en varios núcleos da parroquia de Bolmente, entre outras.
Impulso ao rural
O alcalde, Luis Fernández Guitián, subliña que con estes importantes traballos se está a facer unha aposta polo rural dándolle un impulso co investimento de importantes cantidades destinadas ao saneamento das parroquias. O rexedor anuncia que o Goberno local ultima outros proxectos de saneamento noutras parroquias que espera que sexan unha realidade “en pouco tempo”.
|
|
|
|
|
|