SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIARÁ TRABALLOS DE REXENERACIÓN EN DIVERSAS ESTRADAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL



O Goberno local acometerá ademais un bacheo xeral de estradas da súa competencia
 
O Goberno local do Concello de Soberiniciará nos vindeiros días traballos de rexeneración en diversas estradas de titularidade municipal.
 
En concreto, procederá a estender aglomerado nos accesos a Sistín do Mato desde Canabal e á rexeneración dos accesos a Vilamaior en Refoxo, así como á rexeneración do último tramo da estrada de O Cadaval a Mourentán en Doade.
 
Tamén se acometerá un triplo rego asfáltico nos accesos a Casar de Cime desde Lobios e desde As Laxes a Sober O Vello en Proendos.
 
De igual maneira rexeneraranse os accesos a Pipín de Abaixo, O Campo e Santa de Abaixo en Bulso. Farase a rexeneración integral da estrada desde Santa Marta por O Taro áSuairexa en Figueiroá. Ademais vanse acondicionaros accesos a Casares dende Belán, na parroquia de Millán.
 
Outras actuacións
Outras obras previstas no marco desta actuación inclúen a rexeneración do Camiño de acceso a Matamáde Arriba (San Martiño de Anllo) e dende O Cabarco á Bouza en Anllo Santo Estevo. Ademais destes traballos farase un bacheo xeral de estradas municipais.
 
A maiores, continúan a moi bo ritmo os traballos de desbroce de estradas municipais. En concreto, está a punto de rematar o desbroce de acceso a núcleos e recursos turísticos e, de seguido, iniciarase en accesos a viñedos.
 
Na mellora de camiños vaise facer un investimento de 125.000 euros, dos que 70.000 son con cargo ao Plan Marco de Camiños rurais da Consellería do Medio Rural e 55.000 proveñen de fondos municipais.    
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com