SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER ULTIMA O PROGRAMA DAS FESTAS NA HONRA Á VIRXE DO CARME, QUE CONTARÁN COA ACTUACIÓN ESTELAR DE AZÚCAR MORENO DÍA 16



A comisión encargada de organizar as festas maiores da capital municipal de Sober na honra á Virxe do Carme ultima o cartel, que este ano incluirá a actuación estelar o día 16 das irmáns Salazar, Azúcar Moreno.
 
As Festas desenvolveranse entre os días 15 e 18 de setembro e contarán cun nutrido cartel no que haberá música, actividades relixiosas e ata unha paella xigante, como vén sendo habitual.
 
Os días 17 e 18 de agosto haberá diversos actos relixiosos, o último día coa procesión acompañada da Banda de Música de Sober e a Misa Maior cantada polo Coro Berea da Escola Municipal de Música.
 
Os Gaiteiros de Goián-Sarria estarán na xornada matinal do 16. Na tarde do 17 haberá teatro infantil. A gran paella xigante será na tarde do 18.
 
Entre as actuacións de grandes orquestras, espectáculos como Panamá Band ou Israel. No programa destaca a actuación de Azúcar Moreno. As irmáns Salazar actuarán o 16 ás 11:30 da noite.
                       
A próxima semana os organizadores farán publico o programa definitivo.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com