NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER TEN XA ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA



A Escola Municipal de Música de Sober dependente do Concello ten xa aberto o seu prazo de matrícula ata o vindeiro 25 de setembro. A presentación do curso farase o sábado día 30 ás doce do mediodía no Centro Sociocultural e as clases darán comezo en outubro.
 
Todos os interesados en inscribirse poden obter máis información no Centro Sociocultural ou nos números 982460513 e 617551299.
 
As clases que se ofrecen son moi variadas. Entre elas, daranse ensinanzas de frauta traveseira, clarinete, saxofón, trombón, trompa, tuba, percusión, piano e guitarra. Impártense clases de linguaxe musical e música para adultos, música e movementos e grupos instrumentais. Seguen en marcha de novo o coro infantil e o coro Berea.
 
Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Sober poderán formar parte da Banda Xuvenil ou da Banda de Música Municipal. 
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que o obxectivo principal da Escola Municipal de Musica de Sober é “formar educandos. Os educandos son os futuros músicos que integran a Banda de Musica de Sober, a principal entidade musical da Comarca”, incide.
 

 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com