SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA ESTA SEMANA AS OBRAS PARA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO MIRADOIRO NA CONFLUENCIA DO RÍO CABE CO SIL



O Goberno local do Concello de Sober iniciará esta semana as obras para a construción dun novo miradoiro na confluencia do Río Cabe co Sil. Vai ser o primeiro miradoiro da Ribeira Sacra instalado no Canón do Cabe, no lugar de A Pena do Conde, moi preto  da Barca de Santo Estevo. O lugar é xa na actualidade un miradoiro natural con vistas espectaculares e moi ben comunicado dende Nogueira.                      
 
A actuación vai consistir na posta en valor e na mellora da accesibilidade na contorna da Pena do Conde e inclúe un estacionamento de vehículos, unha senda de acceso, unha área de interpretación e un miradoiro adaptado ao entorno e accesible.
 
O miradoiro vai estar instalado moi preto do petroglifo de A Tapada do Monte, o que constitúe un atractivo máis para unha zona turística de por si. O proxecto foi redactado por Gimena Ingeniería, quen xa deseñou a renovación dos miradoiros de Cadeiras, O Boqueiriño e Santiorxo.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, subliña o enorme valor paisaxístico e turístico da zona, posto que desde a nova infraestrutura se poderán contemplar a desembocadura do Cabe no Sil, o mosteiro de Santo Estevo, así como a estación de ferrocarril de Santo Estevo.
                       
Unha achega de 39.000 euros de Turismo de Galicia
As obras contan cun orzamento de 49.000 euros, dos que 39.000 euros son aportados por Turismo de Galicia a través das subvencións por concorrencia competitiva de mellora de accesibilade a recursos turísticos. Os traballos terán un prazo de execución de tres meses.                      
 
10 miradoiros no Canón do Sil
Con esta nova infraestrutura son 10 os miradoiros do Concello de Sober ao longo do Canón do Sil: o de Pena do Conde na confluencia co Río Cabe; os de Xabrega e Os Chancís, preto da presa de Santo Estevo; os de Cividade e O Boqueiriño en Bolmente; o de Santiorxo; Cadeiras en Pinol; Os Chelos en Amandi; e Soutochao e Pena do Castelo en Doade.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com