SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA O SÁBADO O CICLO ‘MÚSICA NO OUTONO’, QUE ACHEGA Á LOCALIDADE 5 CONCERTOS



O Goberno local do Concello de Sober inicia o sábado, en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober, o ciclo ‘Música no Outono’, que achega á localidade cinco concertos. O primeiro deles terá lugar o sábado ás 20:00 horas a cargo do guitarra David Antigüedad.
 
O ciclo de concertos será o seguinte:
 
7 de outubro. David Antigüedad. Guitarra.
18 de Novembro. Susana Gómez. Piano
25 de novembro. Celebración de Santa Cecilia. Coa actuación do Coro Berea,  O Trícole e outra agrupación musical.
2 de Decembro. Trio Ayren.
9 de Decembro.  Airiños de Orbazay. Organizado polo 20 aniversario de O Trícole.
16 de Decembro. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música.
 
David Antigüedad Mangas é un guitarrista clásico nado en Salamanca en 1993. Comeza os estudos aos 8 años con Marcos Martín no Conservatorio Profesional de Salamanca, terminando con Premio Extraordinario aos 18 anos, cando accede ao Conservatorio Superior de Música de Castilla e León cos profesores Hugo Geller e Dimitri van Halderen. Dous aos máis tarde, obtén unha beca Erasmus e trasladase a Maastricht para estudar co guitarrista Carlo Marchione no Maastricht Conservatorium, onde obtén o título de Bachelor con distinción en 2015. Actualmente reside en Zaragoza, onde continúa a formación cos profesores Pedro Mateo e Àlex Garrobé e imparte clases de guitarra en distintas escolas de música.
 
Ao longo dos anos, David participou activamente en varios festivais e concursos, conseguindo premios como o 1er Premio na modalidade xuvenil do XII Concurso Internacional de guitarra José Tomás - Villa de Petrer (Alicante, 2013) ou máis recentemente o primeiro Premio no Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España (Sabadell, 2016). Ofreceu recitais como solista e de música de cámara en España, Países Baixos e Bélxica. Asiste a cursos e clases maxistrais con guitarristas da talla de Joaquín Clerch, Ricardo Gallén, Carles Trepat, Margarita Escarpa, Leo Brouwer, Raphaella Smits, Zoran Dukic, Judicaël Perroy e Miguel Trápaga, entre outros.
 
Ao marxe da música clásica, toca a guitarra eléctrica en diferentes xéneros e está interesado en diversos estilos musicais. Neste senso, aínda que de formación autodidacta, tamén recibe clases do guitarrista profesional e músico de estudio Juan Cerro, centrándose na técnica da guitarra eléctrica e no estudio do linguaxe moderno e  jazz.
        
David toca unha guitarra do luthier Casimiro Lozano de 2011.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com