SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
JOSÉ MANUEL LÓPEZ SANTOS SERÁ HOMENAXEADO POLA SÚA ENTREGA E DEDICACIÓN AO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME



O Goberno local do Concello de Sober colabora na organización dunha comida coa que os seus compañeiros e compañeiras queren renderlle homenaxe ao ex director do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, José Manuel López Santos.
 
O xantar será o vindeiro sábado 18 de novembro ás 14:00 horas no pavillón do CEIP Virxe do Carme de Sober.
 
A recollida de entradas poderase facer na Casa do Concello, na Oficina de Turismo e no Centro Sociocultural. O prezo será de 24 euros para os adultos e de 10 para os nenos (ata 12 anos).
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que con esta comida se pretende agradecer e poñer en valor o traballo que José Manuel López levou a cabo durante tantos anos, xeración tras xeración. “Queremos recoñecer a súa entrega e dedicación, polo que agardamos que sexa unha homenaxe multitudinaria na que devolverlle parte do que nos ten dado”.
 
Subliña que se homenaxea a unha persoa que ademais de dedicar case medio século da súa vida a docencia en Sober tamén foi tenente alcalde da localidade durante unha década e sempre colaborou na organización de múltiples actividades culturais e doutra índole, como a Feira do Viño.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com