SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER DESTINA 100.000 EUROS A ACOMETER OBRAS DE MELLORA EN CAMIÑOS DE ACCESO A VIÑEDOS



O Goberno local do Concello de Sober acomete estes días obras de mellora en camiños de acceso a viñedos cun investimento total de 100.000 euros.
 
Os traballos, que se iniciaron a pasada semana, prolongaranse ata mediados do mes de novembro e realízanse nas Ribeiras do Sil e do Cabe. En concreto, melloraranse accesos a viñedos de Doade, Amandi,  Lobios,  Pinol, Anllo e Rosende.
 
As obras supoñen, na maior parte dos casos, actuacións de limpeza e pavimentación con formigón.
 
A Consellería do Medio Rural fai unha achega de 60.000 euros a través dun convenio enmarcado no plan PIR, Plan de Infraestruturas Rurais. Pola súa parte o Concello achega 40.000 euros de fondos municipais.
 
A mellora dos accesos a explotacións vitícolas é considerado prioritario polo Goberno municipal de Sober. O rexedor, o popular Luis Fernández Guitián, explica que todos os anos se acometen importantes proxectos de mellora e xa está en marcha a elaboración dun novo proxecto de melloras de cara ao ano 2018.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com