SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER ACHEGAN Á LOCALIDADE AO TRÍO AYREN



O Goberno local do Concello de Sober e as Xuventudes Musicais achegan á localidade ao Trío Ayren, formado por un pianista, un violinista e un violonchelista. O concerto, que forma parte do ciclo Música no Outono, será o sábado ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
 
O Trío Ayren está composto por Bernardo Aguiar, violín;  Beatriz Perona, violonchelo e Nina Aranda, piano. Acadaron o primeiro Premio Ex Aequo no 84º Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España (Sevilla, 2015).
 
O Trío Ayren completa as súas xiras pola Rede de Músicas cun programa que inclúe obras de tres autores y estilos moi diferentes pero que poñen de manifesto a riqueza de matices da formación de trío con piano: o clasicismo vienés de Haydn, o romanticismo mendelssohniano e a contemporaneidade de Takemitsu.
 
O grupo fórmase no centro Superior Katarina Gurska de Madrid no ano 2014 nas clases de Noelia Rodiles coa que aínda proseguen a súa formación. Recibiron clases de músicos como Graham Jackson ou Claudio Martínez Mehner. Desde a súa formación tocaron en salas como o Teatro Nacional de San Carlos ou o Teatro San Luis de Lisboa, o teatro Canónigos de San Ildefonso en Segovia, o Ateneo de Madrid e o Teatro Calderón de Valladolid. En 2015 reciben o primeiro premio do concurso Juventudes Musicales de España na modalidade de Cámara en Sevilla, e en 2016 o terceiro premio no concurso de Música de Cámara de Cofrentes.
 
Programa:
F. J. Haydn: Trío Hob. XV nº 6 en Fa maior
T. Takemitsu: Between Tides
F. Mendelssohn: Trío nº 1 op.49 en Re menor

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com