SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER SUMA 25 ADEGAS INSCRITAS PARA A XXXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Goberno local do Concello de Sober vén de manter a primeira reunión preparatoria para a XXXVIII Feira do Viño de Amandi que este ano se celebrará, como de costume, o sábado e domingo de Ramos, 24 e 25 de marzo. O equipo de Goberno mantivo unha xuntanza cos adegueiros da subzona de Amandi para perfilar a organización desta edición, na que se prevé que participen 25 bodegas.
 
Nesta edición a Feira estará dedicada ao Concello veciño de A Pobra do Brollón, mentres que a inauguración oficial correrá a cargo da adega Guímaro en lembranza da súa matriarca Concepción Pérez, falecida recentemente aos 99 anos de idade.
 
A feira e o seu cartel anunciador presentaranse o 24 de febreiro co inicio do Mes do Amandi que contará con un importante número de actividades, entre elas xornadas técnicas, catas comentadas, música, a presentación dun libro de Ramón Sandoval, e unha xornada de maridaxe na Escola de Hostalería de Rosende en colaboración coa IXP Vacún de Galicia.
 
Fiel á súa cita con ‘Xantar’
O Concello de Sober deu comezo xa ás accións promocionais para difundir esta cita vitivinícola declarada de Interese Turístico Galego. Así, entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro a localidade contará cun posto na mostra Xantar de Expourense. En concreto, o domingo día 4 de febreiro a mostra estará dedicada ao Concello de Sober e haberá unha degustación de viño de Amandi.
 
O prazo para participar no concurso do cartel anunciador da Feira estará aberto ata o 31 de xaneiro.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com