SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER ACHEGAN Á LOCALIDADE UN ESPECTACULAR CONCERTO DE SOPRANO E PIANO



O Concello de Sober a as Xuventudes Musicais de Sober programan para o vindeiro sábado día 3 de febreiro un espectacular concerto de soprano e piano a cargo de Mercedes Gancedo e Beatriz González Miralles. A actuación terá lugar no Centro Sociocultural ás 19:30 horas.
 
A soprano arxentina Mercedes Gancedo ofrece, xunto coa piano Beatriz González, este orixinal programa no que fai diversas viaxes de ida e vuelta entre España e Latinoamérica. Obras de autores de Arxentina, Cuba, Brasil, Colombia e España para descubrir todo un mundo de influencias e préstamos a unha e outra beira do Atlántico.
 
Con este concerto o Goberno local e as Xuventudes Musicais de Sober inician o ciclo ‘Primavera Musical’, que continuará cos dous concertos en marzo, un en abril e outro no mes de maio.
 
A soprano, Mercedes Gancedo
Mercedes Gancedo realizou estudos superiores de canto no ISA Teatro Colón e foi becada pola Fundación de Música de Cámara. Recibiu a beca na ESMUC para o Máster de Lied Victoria de los Ángeles e continuou a súa participación durante dous anos consecutivos no festival LIFE Victoria. Segue a súa formación en Europa con J. Aragall, E. Giménez, T. Berganza, M. Freni, M. Caballé, R. Pierotti, C. Bartoli, entre outros. Debuta aos 18 anos con Despina (Così fan tutte), Mistery (The Fairy Queen), Susanna (Le Nozze di Figaro) e Zerlina (Don Giovanni). En España, cantou Gianetta (L'Elisir d'Amore) no Festival de verán de Calella, Mariana (Das Liebesverbot) no Festival Castell de Peralada, Berta (Il Barbiere di Siviglia) no Teatro Campoamor, Alisa (Lucia di Lammermoor) en AAOS (Barcelona), Marianna (Il Signor Bruschino) para Òpera de Cambra de Barcelona, Micaela (Carmen) no Palau da Música Catalana y Contessa di Ceprano (Rigoletto) no Gran Teatre del Liceu. Recibe unha bolsa de estudos en Competizione dell'Opera (Dresden) e Francisco Viñas, 1er premio en el CIM, premio La Voz de más Porvenir no C. de Canto de Logroño, 1er premio no XXI Pòdiums de Musica de Cámara (Cataluña), 1er premio XII Luis Mariano, 1er premio no Concurso Josep Palet, 3er premio en el C. Pla Balaguer.
 
A piano, Beatriz González Miralles
Comenza os seus estudos de piano aos 7 anos na Escuela de Música Boccherini de Boadilla del Monte (Madrid) coa profesora Daisy Pérez Serrano. Cursa estudos de Grao Medio coas máximas calificacións, tras os que supera as probas de selección en diversos conservatorios superiores (Murcia, Salamanca, Zaragoza, Madrid), para ingresar finalmente na especialidade de piano no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.
 
Durante a súa estancia neste Conservatorio dirixe os seus estudios a catedrática Pilar Bilbao, cursando ademais a especialidade de Acompañamiento Vocal durante dous anos baixo a tutela do profesor Juan Antonio Álvarez Parejo. Finaliza o Grado Superior en 2012 con nota media de sobresaínte. Paralelamente á formación oficial asiste, durante 4 anos, ás clases de piano impartidas polo mestre Iván Cítera. Ademais, durante dous anos recibe clases da profesora Ofelia Montalbán.
 
Desde o ano 2012 é alumna do prestixioso concertista internacional Leonel Morales Alonso.
 
Por outra parte, no ano 2013 asiste como alumna invitada ao Conservatorio Superior de Música de Friburgo (Alemania), onde, principalmente é instruída na especialidade de Liedgestaltung (acompañamento vocal) polo destacado Repertorista Matthias Alteheld.
 
En 2016 finaliza o Máster de Lied en ESMUC baixo a tutela do mestre Francisco Poyato. Por outra parte, recibiu Masterclass de profesores como Vladimir Ovchinikov (Rusia), Imre Rohman (Hungría), Vinzenzo Balzani (Italia), Andreas Fröhlich (Alemania), Jan Kadlubisky (Polonia), etc. En 2016 obtén o primeiro premio do Concurso XXII “Pòdiums de música de cambra” de Barcelona, xunto á soprano Mercedes Gancedo.
 
Programa:
 
Cancións de C. Guastavino, E. Lecuona, A. Ginastera, J. Leon, M. Nobre, H. Villalobos y X. Montsalvatge.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com