SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CARTEL DE ANA SANTISO VILAR ANUNCIARÁ A XXXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O xurado do certame para escoller o cartel anunciador da XXXVIII Feira do Viño de Amandi vén de emitir o seu fallo, elixindo por unanimidade como traballo gañador o de Ana Santiso Vilar, veciña de Sistin do mato, na parroquia soberina de Canaval.
 
O xurado estivo formado por Humberto Loureiro Argullos, Fernando Vázquez González e Alejandro José Ciurluini. Os membros acordaron tamén conceder un accésit como finalistas aos carteis de Edith Nieves Sánchez, da Estación, no Concello da Pobra do Brollón, e Clara Romero Aguado, de Barcelona.
 
A gañadora do primeiro posto recibirá un premio en metálico de 600 euros. Os accésit contarán con 100 euros e cun diploma e un lugar destacado na exposición que se faga con todos os traballos presentados.
 
O xurado destacou o alto nivel dos 28 orixinais presentados, chegados de diferentes puntos do Estado. En concreto, recibíronse carteis de Cataluña, País Vasco, Madrid, Valencia, Asturias, Andalucía, Castela León e Castela a Mancha, Estremadura, A Rioxa e Galicia; de onde proceden a maioría dos participantes.
 
Presentación do Cartel
O cartel gañador farase público o sábado día 24 de febreiro no miradoiro de Cadeiras. Celebrarase un acto ao que se asistirán os adegueiros e no que se darán a coñecer os actos que formarán parte do ‘Mes do Amandi’ e a programación da XXXVIII Feira do Viño de Amandi que este ano se celebra os días 24 e 25 de marzo.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com