NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA AS OBRAS DE ABASTECEMENTO DE AUGA Á PARROQUIA DE ROSENDE



O Concello de Sober vén de iniciar as obras de abastecemento de auga á parroquia de Rosende. O Goberno local prevé ademais rematar este ano o abastecemento en Vilaescura e inicialo en Figueroá.
 
140.000 euros para Rosende
Os traballos en marcha en Rosende lavarán a rede xeral ata A Lama dos Campos, ao tempo que se fará a distribución nos lugares de Naz de Abaixo e Lama dos Campos. As obras contan cun investimento de 40.000 euros e están incluídas no Plan Único de 2017, asinado entre os concellos e a Deputación Provincial.
 
Con cargo o Plan Único de 2018 continuarase co abastecemento do resto da parroquia, actuación á que se destinará un orzamento de preto de 100.000 euros.
 
Remate da rede en Vilaescura
Tamén con cargo ao Plan Único de 2018 está proxectado o remate da rede de abastecemento na parroquia de Vilaescura. As obras permitirán que a rede chegue aos lugares de Rodiz, Pena de Miro, Os Condes, Vilaescura e Vaz. Neste caso o orzamento para os traballos supera os 50.000 euros.
 
Traballos en Figueiroá
O Goberno local ten previsto ademais levar a rede municipal de auga a Figueiroá. Vai construírse un novo depósito en O Taro cunha capacidade de 150.000 litros e dende alí distribuirase á totalidade da parroquia e a lugares limítrofes doutras parroquias. Neste 2018 está previsto para esta actuación unha inversión de 100.000 euros de fondos propios de Concello e do Plan Único.
 
 
Unha prioridade do Goberno local
O alcalde, o popular Luis Fernández Guitián, explica que a ampliación da rede municipal de auga “é unha prioridade do Goberno local”. Por iso, engade, “ademais das obras xa comprometidas hai outras en proxecto que pronto serán unha realidade”.
 
En poucos meses a rede municipal foi ampliada á totalidade da parroquia de Millán, Castaxúa, O Campo e A Pena, en Proendos, A Bertonía, Naz, O Barreal e San Martiño, en San Martiño de Anllo, Fondo de Vila, en Rosende, e Moreda, en Vilaescura.


 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com