SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PRESENTOU HOXE O MES DO AMANDI, O CARTEL ANUNCIADOR E A PROGRAMACIÓN DA XXXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



Este ano serán 23 as adegas da D.O. Ribeira Sacra de Sober que participarán na  XXXVIII Feira do Viño de Amandi. Os actos do Mes do Amandi, os previos á celebración da Feira, foron dados a coñecer hoxe nun acto levado a cabo no miradoiro de Cadeiras, no que tamén se desvelou o cartel anunciador e o programa da Feira. O Concello convidado deste ano é o da Pobra de Brollón.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, asegurou que “esta emblemática festa que hoxe presentamos é posible grazas aos colleiteiros e colleiteiras de Amandi que traballades nas vosas viñas e elaborades nas vosas adegas un produto único e excepcional que trunfa en competencia cos mellores viños do mundo. O viño da Ribeira Sacra en xeral e, o de Amandi en particular, están en continuo progreso grazas ao traballo e bo facer, por un lado do Consello Regulador da D.O. e, por outro, dos viticultores e adegueiros que sabedes adaptarvos aos novos tempos e ás demandas do mercado”.
 
“Un orgullo como alcalde poder presumir un ano máis, e imos polo 38, do mellor viño do mundo, da mellor alfareiría do mundo, do mellor territorio do mundo e todo grazas a que ten como veciños a mellor xente do mundo, que se esforza para recibir durante todo o ano e de forma especial o sábado e domingo de Ramos a milleiros de visitantes”, engadiu.
 
Programa de actos da XXXVIII Feira do Viño de Amandi
 
Sábado 24 de Marzo
11:30 horas. O disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XXXVIII Feira do Viño de Amandi.
12:00 horas. Apertura Oficial a cargo de Adega Guímaro en lembranza da súa matriarca Concepción Pérez Marcos.
12:15 horas. Actuación do Grupo de Música Tradicional Érbedo.
17:00 horas. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas da Oficina Municipal de Turismo.
17:00 horas. Actuación do Grupo Érbedo.
18:30 horas. Concerto da Banda de Música de Sober.
20:00 horas. Concerto de Cristina Pato no Auditorio do Centro Sociocultural de Sober.
22:00 horas. Actuación de Os Parentes na Praza do Concello.
23:30 horas. Actuación de Gin Toni’s na Praza do Concello.
 
Domingo 25 de Marzo
10:30 horas. Disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante)
10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.
11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
11:30 horas. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos na Igrexa de Sober.
12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
12:45 horas. Actuación da Banda de Música de Sober.
13:00 horas. Pregón a cargo de Cristina Pato.
13:30 horas. Entrega de Premios.
17:00 horas. Actuación da Charanga NBA.
19:30 horas. Baile coa orquestra Suavecito.
 
ACTIVIDADES DO MES DO AMANDI
 
Sábado 24 de Febreiro
- Ás 12:00 horas no Miradoiro de Cadeiras. Presentación da XXXVIII Feira do Viño de Amandi e do seu cartel anunciador, obra de Ana Santiso. Ao remate degustación de viños de Amandi.
 
Luns 26 de Febreiro
- Na aula de informática e Novas Tecnoloxías inicio do Proxecto “Cada un conta a feira segundo lle foi nela”. Trátase dun obradoiro pensado para recompilar material histórico da Feira do Viño de Amandi dende o seu nacemento en 1981. (Fotografías, programas, recortes de prensa, etc.). O obradoiro rematará o 23 de  Marzo.
 
Mércores 7 de Marzo
-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, Presentación  do libro de poesía “Entre zocas e decibelios”, do soberino de Barantes Ramón Sandoval, coa participación entre outros de Olga Novo. Ao remate brinde con Viño de Amandi.
 
Venres 9 de Marzo
-Ás 12:00 horas no Centro Sociocultural de Sober Inauguración da exposición “Figuras de antonte e de onte, figuras para o mañá”, paneis que recollen motivos e encintados decorativos de casas con esgrafiados de Sober; que foi 1º premio do Proxecto didáctico Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego, feita por alumnos do IES A Pinguela de Monforte baixo a dirección e coordinación de Manuel Vilar Álvarez.
 
Sábado 10 de Marzo
-Ás 20,00 horas no Centro Sociocultural concerto a cargo do Cuarteto de Saxofóns Kebyart. Ao remate degustación de viños de Amandi. Organiza: Xuventudes Musicais de Sober.
 
Luns 12 de Marzo
- Ás 12:00 horas no CEIP Virxe do Carme, Taller de Análise Sensorial para alumnado de 5º e 6º de Primaria, dirixido por Vinosacra.es.
 
Xoves 15 de Marzo
-De 12:00 a 14:30 na Escola de Hostelería de Rosende, Xornada de Maridade: Viño de Amadi con Vacún de Galicia. Colaboran a Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández, I.X.P. Ternera Galega e I.X.P. Vaca e Boi de Galicia.
 
Venres 16 de Marzo
Nas merendas con contos da Biblioteca Pública Municipal farase unha visita a viñedos e Adega Rectoral de Amandi para coñecer diversos procesos no coidado dos viñedos e elaboración de viños. Saída as 18:00 horas da Praza do Concello.
 
Sábado 17 de Marzo
-Ás 20,00 horas no Centro Sociocultural concerto de piano a catro mans a cargo de Yolanda Represas e Pablo Roríguez. Ao remate degustación de viños de Amandi. Organiza: Xuventudes Musicais de Sober.
 
Luns 19 de Marzo
- Ás 16:00 horas na Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández de Rosende. Seminario de Servizo de viños para hostaleiros. Colabora Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo. Dirixe: Vinosacra.es
 
Luns 19 de Marzo
- Ás 16:30 horas no Centro Sociocultural en dentro dos Faladoiros dos Luns, Educación para a Saúde (medicación, alcol e condución) a cargo de Luisa Astray, Educadora Social da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte.
 
Xoves  22 de Marzo
De 9:00 a 14:30 horas no Centro Sociocultural de Sober, Xornada Técnica “Uso do frío na elaboración de viños”. Organiza a Estación de viticultura e enoloxía de Galicia.
 
Exposicións
 
-Do 23 de marzo ao 20 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XXXVIII Feira do Viño de Amandi e os debuxos do concurso de debuxo infantil.
 
-Do 9 de marzo ao 20 de abril no Centro Sociocultural Exposición  ‘Figuras de antonte e de onte, figuras para o mañá’, paneis que recollen motivos e encintados decorativos de casas con esgrafiados de Sober, que foi 1º premio do Proxecto didáctico Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego, feita por alumnos do IES A Pinguela de Monforte baixo a dirección e coordinación de Manuel Vilar Álvarez.
 
-Do 17 de marzo o 30 de abril na Oficina Municipal de Turismo, Exposición de Fotografías Sober Vivo (patrimonio natural, cultural, etnográfico,  artesanía, recursos forestais etc. ) de Felipe Castro.
 
Cartel anunciador
O Concello de Sober convocou un concurso ao que se presentaron 30 orixinais chegados de diferentes puntos do estado. O xurado estivo integrado por profesionais do deseño, pintura e artes gráficas que acordaron outorgar o primeiro premio ao traballo presentado por Ana Santiso Vilar e concedéronse accésit aos traballos presentados por Edith Nieves Sánchez e Clara Romero Aguado.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com