SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O DIRECTOR DA BANDA DE MÚSICA DE SOBER TOCARÁ COA ORCHESTRA DEL TEATRO REGIO DE TORINO



O director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro Becerra, tocará este mes en Italia coa Orchestra del Teatro Regio de Torino. O tuba interpretará a Verdi na ópera ‘I Lombardi alla prima crociata’.
 
O músico, natural de Boqueixón, tocará cunha das orquestras ‘Top’ italianas, unha das formacións de referencia da ópera a nivel mundial. En total participará en sete funcións neste mes de abril, a primeira delas o día 17 e a última o sábado día 28 de abril.   
 
Franqueiro agradece poder participar neste programa que lle vai permitir “facer ópera no berce da ópera”. O músico está primeiro na lista de contratación da orquestra desde o ano 2017, cando fixo unha audición para cubrir o posto de principal reforzo de tuba.
 
O tuba é director da Banda de Música de Sober desde hai 12 anos. Desde 2015 colabora na totalidade da programación da Real Filharmonía de Galicia e da Hulencourt Soloists Chamber Orchestra (Bruxelas) ademais de colaborar frecuentemente con outras orquestras, tanto en España como fóra.
 
O Concello felicita ao músico
O Goberno local do Concello de Sober felicita a Miguel Franqueiro por esta proxección internacional e congratúlase porque siga levando o nome de Sober a espazos tan importantes no mundo da música.
 
O Teatro Regio de Torino foi fundado por Arturo Toscanini, músico italiano considerado por moitos dos seus contemporáneos e críticos da actualidade como o máis grande director de orquestra do século XX. Nel estreáronse varias óperas do compositor Verdi.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com