|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER CELEBRARÁ O SÁBADO 19 DE MAIO A XIX FESTA DOS AVÓS
O Goberno local do Concello de Sober celebrará o sábado día 19 de maio a XIX Festa dos Avós no Pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. O alcalde, Luis Fernández Guitián, anima a participar neste encontro cos maiores “que serve a todos os veciños e veciñas para xuntarse ano tras ano e compartir un día de festa e de ledicia”.
A festa comezará ás 13:30 horas e prolongarase ata a noitiña. Ao longo de todo o día ofrecerase unha misa, un xantar, haberá actuacións musicais e un sorteo de agasallos para todos e todas os participantes.
Está previsto un suculento menú composto de paella, pescada en salsa, carne asada con pataca, sobremesa, café e bebidas. O prezo para empadroados é de 10 euros e 20 euros para non empadroados. As tarxetas poden adquirirse no Concello, sendo preciso anotarse antes do 16 de maio a través dos teléfonos 982 460 001 ou 982 460 513.
O Concello de Sober pon á disposición dos interesados un servizo de autobús cos seguintes percorridos:
Liña 1
12:00 horas. Francos de Doade-Ceceda-Mourentán
12:15 horas. Santa Cruz-Campos de Bulso-Sante
12:30 horas. Campoverde-Castro de Liñarán-Castroseiros-Vilaudriz-Neiras-Vacariza-Telleiros
Liña 2
12:15 horas. Doade-Vilachá
12.20 horas. Amandi-Lobios
12:25 horas. Pinol
12:30 horas. Cruce de Santiorxo-Barreiros-Barantes
12:45 horas. Pinar de Bolmente-Bolmente-Santa Marta-Figueiroá
12:50 horas. Carqueixa-Proendos
Liña 3
12:15 horas. Cruce de Naz-Peixón
12:20 horas. Ferroños-Matamá
12:25 horas. Arxemil
12:30 horas. Anllo-Portizó
12:35 horas. Lama dos Campos-Rosende
12:45 horas. Vilaescura-Moreda-Moradela
12:55 horas. Canaval-Camporrairo-Sistindomato
|
|
|
|
|
|