NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS ACHEGAN ESTE SÁBADO A SOBER O CONCERTO DA ACORDEONISTA LORE AMENÁBAR



O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober achegan este sábado á localidade o concerto da acordeonista Lore Amenábar. A actuación será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural.
 
O concerto forma parte do ciclo ‘Primavera musical’ no marco do cal haberá outra actuación o día 5 de maio do dúo Opalus, frauta e piano, a cargo de Marta Femenía e Karla Martínez.
 
Lore Amenábar, acordeón
‘Experiences’ ofrece, sobre todo, obras orixinais para acordeón, que son obviamente contemporáneas, e máis concretamente obras de compositores finlandeses dos séculos XX e XXI. Son obras de pinceladas dispares que nos trasladan a ambientes ou paisaxes descoñecidos. Pero o programa inclúe un guiño ao Barroco con obras de Bach e Pachelbel como pequenas mostras do amplo espectro musical do instrumento.
 
A acordeonista foi primeiro premio do 86º concurso permanente, (Tui, 2016). Nace en Irura en 1995. A  idade de 8 años inicia os seus estudos de acordeón, en 2009 pasa a ser alumna de Salvador Parada no Conservatorio Francisco Escudero de San Sebastián. En 2013 comeza o Grao Superior con Matti Rantanen en Helsinki.
 
Obtén o Primeiro premio no Concurso de Acordeón de Arrasate en categoría Infantil (2008) e Junior (2011), primeiro premio no concurso de Xóvenes Músicos de Euskadi a nivel individual e segundo en música de cámara xunto ao clarinetista Iván Arostegui en 2013.
 
Ademais, participou na gravación da obra de Francisco Escudero Fantasía Geosinfónica baixo a batuta de Iñaki Alberdi en 2010. En 2015 consigue o cuarto posto en Klingenthal Accordion Competition. Ademais, en 2016 interpretou a Premier de Helsinki da obra Niin kauan minä trampaan de Paavo Korpijaakko xunto ao cuarteto de cordas da Filarmónica de Helsinki. Finalmente, acaba de obter o primeiro premio no Concurso Permanente de Xuventudes Musicais de España. Actualmente, continúa os seus estudos de postgrao en Sibelius Akatemia con Mika Väyrynen.
 
Programa
M. Lindberg: Jeux d´anches
J.S. Bach: BWV 659 - Nun komm der Heiden Heiland
J. Kaipainen: Vento
J.M. Sánchez-Verdú: Arquitecturas do silencio
J. Pachelbel: Chacona en Fa menor
V. Kujala: Mephisto Maze (Estreno en España)
 
 
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com