NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO COLABORA COA ORGANIZACIÓN DA I ESCALEIRA LITERARIA DE SOBER



O Goberno local colabora coa organización da I Escaleira Literaria de Sober, que se vai desenvolver o sábado día 12 ás 19 horas no salón de actos do Centro Sociocultural. Trátase dun evento poético e musical promovido por Moncha Prieto e co que colabora o Concello de Sober para conmemorar as Letras Galegas deste ano.
 
O acto, que servirá como unha homenaxe a María Victoria Moreno, comezará coa lectura de relatos e poemas dos propios autores con acompañamento instrumental. Participan nesta lectura: Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González e Xosé Lois García.
 
De seguido haberá unha actuación do grupo musical O Trícole.
 
Súmase a este acto a Escola Municipal de Teatro de Sober cos posta en escena de ‘As Literatas’, unha breve lectura escenificada a partir dun texto de Rosalía de Castro titulado ‘Las literatas’, e subtitulada ‘Carta a Eduarda’. É unha obra de 1865, orixinalmente en castelán, na que se fala da situación das mulleres escritoras de mediados do século dezanove.
 
As intérpretes serán María Rodríguez Trigo e Eva Abal Tobío. A tradución e adaptación do texto de Rosalía foi feito por Eva F. Ferreira, dramaturga e directora da escola.
 
De seguido, Sara González interpretará un poema con danza. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, será o encargado de pechar o acto.


 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com