SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER OFERTARÁ O VINDEIRO CURSO O SERVIZO ‘CONCILIA’ PARA A ATENCIÓN DO ALUMNADO ANTES E DESPOIS DA XORNADA ORDINARIA LECTIVA



O Goberno local do Concello de Sober destinará unha achega económica nos Orzamentos deste ano á posta en marcha do servizo ‘Concilia’ que crea para a atención do alumnado de primaria antes e despois da xornada lectiva.
 
Con esta novidosa iniciativa o Goberno local pretende, tal e como explica o alcalde, o popular Luis Fernández Guitián, servir de axuda ás familias que o necesiten e que por motivos laborais ou doutro tipo queiran que os seus fillos poidan entrar antes ou saír máis tarde do Colexio.
 
Desde o Concello planean pór ao servizo das familias un profesional que atenda a estes alumnos no propio centro escolar e se ocupe dos xogos e actividades.
 
Haberá un servizo de madrugadores para atender aos escolares antes do horario ordinario. Funcionará en horario de 7:45 a 9:30 da mañá no que o profesional se encargarán da atención aos alumnos realizando diversas actividades que axudarán aos nenos e nenas a comezar o día da mellor maneira a través de xogos, actividades de lectura , debuxo, etc.
 
E xa polas tardes ofrecerase un servizo de ludotardes no que os nenos e nenas poderán aproveitar para compartir cos seus compañeiros xogos e actividades antes de que os pais os recollan. O horario destas ludotardes será de 15:45 a 17:30 horas.
 
Esta medida estará destinada exclusivamente ao alumando que se matricule no próximo curso 2018-2019 no Colexio Virxe do Carme de Sober.
 
As familias interesadas en formar parte deste innovador programa deben facer a prescrición no Colexio de Sober ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello. O Concello prevé que os prezos polo servizo sexan simbólicos.
 
Fernández Guitián prevé que esta iniciativa teña unha importante demanda, posto que avanza na conciliación familiar ao tempo que permite que os nenos sigan aprendendo e divertíndose cos seus compañeiros. Anima a todos os que o precisen que se anoten nunha das modalidades ou nas dúas.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com