SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
CARLOS NÚÑEZ VOLVE A SOBER COA SÚA XIRA POR LUGARES EMBLEMÁTICOS DE GALICIA



Un dos nosos gaiteiros máis internacionais, Carlos Núñez, volve a Sober este verán coa súa xira por lugares emblemáticos de Galicia. Así, o músico ofrecerá un concerto o domingo día 8 de xullo ás 21:00 horas na adega Rectoral de Amandi, un evento que contará coa colaboración do Concello de Sober.
 
Así o presentan desde a bodega nas súas redes sociais:
 
Paisaxe e historia. Terra e pedra. Luz e paixón polo traballo. A bodega Rectoral de Amandi, que recibe o nome dunha antiga parroquia do século XVII situada no corazón da Ribeira Sacra, xera o ambiente máis acaído para acoller un concerto do músico galego máis internacional. O son limpo e tradicional de Carlos Núñez acubillarase entre os muros da bodega histórica e buque insignia dunha Denominación de Orixe máxica".
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca a presenza na localidade do músico e compositor galego que no ano 2014 foi o pregoeiro da XXXIV Feira do Viño de Amandi. “O sábado ofreceu un concerto inesquecible en Cadeiras e o domingo durante o pregón tocou coa Banda de Música de Sober. Foi unha visita que temos gravada na retina, polo que agradecemos que volva e encha a Ribeira Sacra coas súas notas. É un orgullo volver recibilo en Sober”, presume.
 
As entradas están á venda no seguinte enlace:
 
https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/bodega-rectoral-de-amandi/8858--carlos-nunez.html



 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com