SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ALCALDE DE SOBER MANTÉN UNHA XUNTANZA DE TRABALLO CO NOVO DIRECTOR GENERAL DA GUARDIA CIVIL



O alcalde de Sober, o popular Luis Fernández Guitián, mantivo no día de onte unha reunión de traballo en Madrid co novo Director General da Guardia Civil, o maxistrado Félix Vicente Azón Vilas.
 
O rexedor soberino foi o primeiro responsable municipal que recibiu o actual mando supremo da benemérita. Fernández Guitián cualifica a xuntanza de “moi produtiva”.
 
O alcalde aproveitou a reunión para solicitar máis efectivos para Sober e para a Ribeira Sacra en xeral, tendo en conta o incremento poboacional da zona como consecuencia do auxe do turismo.
 
De Casa Cuartel a Residencia Vacacional
Tal e como explica o rexedor a proposta acollida con entusiasmo e na que xa se está a traballar é a instalación na Casa Cuartel de Sober dunha Residencia Vacacional que sería a única da Ribeira Sacra e das poucas de Galicia.
 
O Concello púxose a total disposición para que esa Residencia Vacacional sexa unha realidade o máis pronto posible.
 
O alcalde soberino indica que “o Director Xeral é coñecedor do impulso turístico da zona e sabe que a Residencia Vacacional de Sober vai ter moita demanda”.
 
Así, a pasada semana, indica Guitián, unha arquitecta da Dirección General da Guardia Civil xa se desprazou a Sober e está redactando o proxecto que esperamos pronto sexa unha realidade.
 
Beneficiarios
No marco da Acción Social, a Guardia Civil dispón de apartamentos repartidos entre distintas residencias emprazadas en acuartelamentos do Corpo coa finalidade de favorecer ao seu persoal o desfrute de vacacións e descanso. O de Sober pasaría a formar parte desta rede.
 
Poden beneficiarse destas residencias os e as gardas civís, os alumnos de ensinanza de formación para acceso ás escalas do corpo da Garda Civil, o persoal retirado da Garda Civil, os membros das Forzas Armadas en situación administrativa de activo ou reserva e o persoal funcionario pertencente aos Corpos xerais da administración, o persoal militar do exército de terra, a Armada, o exército do aire e dos corpos común nas mesmas situación contempladas para o persoal da Garda Civil, os membros dos Corpos de Seguridade estranxeiros pertencentes á xendarmería nacional francesa, Arma de Carabinieris de Italia e a Guarda Nacional Republicana de Portugal, en réxime de reciprocidade e mutua colaboración.
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com