SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER ACOLLERÁ OS DÍAS 11 E 12 DE AGOSTO A XXIII FEIRA DA ROSCA E O SEGUNDO TÚNEL DO VIÑO AMANDI



O Concello de Sober organiza os días 11 e 12 de agosto a XXIII Feira da Rosca, o mel e outros produtos da Ribeira Sacra. Van participar un total de 16 postos: 3 rosqueiros, 2 oleiros de Gundivós, 2 produtores de mel, 4 artesáns, 3 queixerías e 2 produtores artesanais de castaña e derivados.
 
Programación
A festa comeza o sábado ás 19:30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural cun showcooking a cargo de Carlos Javier González, chef do Restaurante Merenzao baixo o nome ‘A rosca de Sober no restaurante’.
 
Ás 21:00 horas farase a apertura dos postos e ás 22:00 actuará o grupo ‘Vai en concerto’. Ás 23:00 horas terá lugar unha degustación gratuíta de rosca con licor café e mel.
 
O domingo ás 10:00 horas haberá un disparo de bombas de palenque e ás 10:15 abrirán os postos da feira. Ás 10:30 horas haberá unha demostración de cestaría en vivo coa que colabora o CENTRAD da Deputación de Lugo.
 
Ás 12:00 horas haberá un espectáculo de teatro de rúa: ‘Duncan de Palleiro’. Ás 12:30 haberá unha actuación do grupo de música tradicional ‘Os Valuros’ e ás 13:00 horas será a quenda da degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo.
 
Ás 13:30, de novo unha actuación do grupo de música tradicional ‘Os Valuros’.
 
Segundo Túnel do Viño
Aproveitando a celebración da XXIII Feira da Rosca o Concello de Sober e Vinosacra.es organizan o Segundo Túnel do Viño Amandi, un evento no que degustar os viños da subzona de Amandi e Sober. O túnel será inaugurado o sábado ás 11:30 horas.
 
Haberá máis de 30 adegas que participaron con máis de 50 referencias. Unha oportunidade única de coñecer os viños de Amandi e Sober da man de sumilleres profesionais.
 
A carpa do túnel do viño estará aberta o sábado en horario de 11:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:30 horas e o domingo de 11:30 a 14:30 horas.
 
Na cita, organizada polo Concello de Sober e Vinosacra.es, colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, Artesanía de Galicia, Queserías Prado e Torre de Núñez.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas da localidade e dos concellos limítrofes, así como ás persoas que se atopan de vacacións na zona a desfrutar da mellor gastronomía e  mellor viño que temos para ofrecer.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com