SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER DÁLLE COR Á LOCALIDADE CON DOUS NOVOS MURAIS



O Concello de Sober conta desde os pasados días cun novo mural na Avenida de Belán, obra da artista local Ana Santiso, gañadora do concurso de carteis da Feira do Viño de Amandi deste ano.
 
O Goberno local fíxolle dous encargados á artista. Un deles vén de ser rematado e o outro deu comezo xa nun lateral da Oficina de Turismo Municipal, ubicada na Praza do Concello.
 
Unha vez rematadas ambas as intervencións, o Concello e a artista xa teñen en proxecto novos traballos para seguir enchendo de cor a localidade.
 
Traballos anteriores
O Goberno local que dirixe o popular Luis Fernández Guitián avanza así no seu obxectivo de mellorar e facer máis atractiva a localidade con traballos pictóricos e murais, polo que anteriormente xa encargou dúas obras máis á artista nativa de Sober Doa Ocampo. Os traballos leváronse a cabo na Praza do Toural e no edificio das piscinas municipais. Ambos evocan elementos característicos de Sober, como son as uvas e as vides.
 
A maiores o Concello conta con tres obras executadas polo italo-arxentino afincado en Amandi Alejandro Ciurluini. En concreto, Ciurluini levou a cabo pinturas por encargo municipal no pavillón polideportivo, na Casa da Cultura e na Igrexa de Sober.
 
Estas actuacións súmanse aos dous murais encargados polo Consorcio de Turismo no marco do proxecto ‘un toque de cor na Ribeira Sacra’ situados no depósito municipal de auga de Sansillao e na Praza do Toural.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com