SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ACOMETE TRABALLOS DE ELIMINACIÓN DE MIMOSAS EN TRES ZONAS DA REDE NATURA: AREAS, OS CHANCÍS E A BARCA



O Goberno local de Sober vén de levar a cabo actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais do municipio subvencionables ao amparo da ORDE do 21 de decembro de 2017 que regula as axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR)de Galicia 2014-2020.
 
O Concello de Sober presenta un 18% da súa superficie incluída na Rede Natura 2000, formando parte da Zona de Especial Conservación    (ZEC) Canón do Sil ES1120014, segundo o Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2004, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan Director de Rede Natura 2000 de Galicia. Os traballo leváronse a cabo ante a propagación de especies exóticas invasoras, especialmente Acacia dealbata (mimosa), que están  poñendo en perigo hábitats de interese comunitarios.
 
O Goberno local conta cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente de 9.000 euros por anualidade e os traballos son executados pola empresa especializada FORESGA.
 
Así, o Concello de Sober propuxo unha serie de actuacións encamiñadas á eliminación de especies exóticas invasoras e á restauración da vexetación característica dentro deste espazo. As zonas de actuación enmárcanse dentro da zona de protección da ZEC Canón do Sil ES1120014, e a súa área de influencia, ocupando unha superficie total de preto de 3 hectáreas. Elimináronse estas especies en Areas, Os Chancís e A Barca.
 
As áreas de actuación foron seleccionadas por tratarse de superficies onde a invasión desta especie exótica é incipiente e atópase nunha fase na que é viable acometer o seu control ou erradicación mediante unha actuación temperá. Na maioría dos casos estas superficies de actuación son lindeiras cos viais de accesos a núcleos habitados, dende onde se está expandindo polas leiras lindeiras. Na actualidade a especie ocupa parcialmente antigos viñedos e masas arborizadas con vexetación autóctona.
 
Actuacións realizadas
Traballos de control/erradicación de acacia dealbata. Combináronse técnicas mecánicas (roza / corte) e químicas (aplicación fitocida) como método para o control/erradicación desta especie invasora.
 
Os restos vexetais derivados destas operacións, dado que non teñen capacidade rexeneradora, foron apilados e aproveitados polos propios veciños para leñas, ou picados “in situ” para a súa incorporación ao chan como materia orgánica.
 
Realizado este primeiro tratamento, levarase  a cabo un seguimento periódico da superficie, monitorizando a evolución da masa e controlando a aparición de novos exemplares ou de rebrote na zona tratada. Este seguimento permitirá ademais axustar a programación do tratamento complementario en función da densidade e época do rebrote.
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com