SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER AVANZA NAS OBRAS DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE E ACONDICIONAMENTO DOS MIRADOIROS DE PENA DO CASTELO, SOUTO CHAO E OS CHELOS



O Goberno local do Concello de Sober ten moi avanzadas as obras de  mellora de accesibilidade e acondicionamento dos miradoiros de Pena do Castelo e Souto Chao, en Doade, e Os Chelos, en Amandi.
 
As obras fanse seguindo o proxecto de Gimena Ingeniería e pretenden homoxeneizar estas infraestruturas co resto de miradoiros de Sober con materiais que se adapten ao entorno.
 
Pena do Castelo, xa rematado
No caso de Pena do Castelo as obras xa están rematadas e consistiron na colocación de dous novos cenadores, un balcón protector fronte á capela de San Mauro e un banco no cumio do miradoiro.
 
En Souto Chao e Os Chelos as obras consistirán na remodelación completa de ambos os miradoiros, posto que estaban obsoletos.
 
Os traballos supoñen un investimento de 50.000 e contan cunha axuda de Turismo de Galicia do 70%. O 30% corresponde a fondos municipais. Son executadas pola empresa Timbergal cuxo xerente é veciño de Sober.
 
O alcalde de Sober, o popular Luis Fernández Guitián, agradece a achega destes fondos para seguir avanzando “na posta en valor dos nosos recursos naturais”. Recorda que os miradoiros forman parte dos principais reclamos turísticos cos que conta o Concello e a Ribeira Sacra.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com