SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA O SÁBADO O CICLO ‘MÚSICA NO OUTONO’ CUN CONCERTO DA MEZZOSOPRANO PORTUGUESA HELENA RESSURREIÇAO ACOMPAÑADA DO PIANISTA MARC SERRA



O Concello de Sober inicia o sábado en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober o ciclo ‘Música no Outono’ cun concerto da mezzosoprano portuguesa Helena Ressurreiçao acompañada do pianista Marc Serra.
 
A actuación terá lugar ás 20:00 horas no Centro Sociocultural da localidade e a entrada será de balde.
 
A voz e o piano únense para un percorrido musical polo lied de finais do século XIX e principios do século XX, descubrindo tesouros que evidencian a riqueza do desenvolvemento deste xénero musical consagrado por Schubert.
 
O espectáculo, que leva por nome ‘Lied a tres dimensiones’ presenta o seguinte programa:
Gustav Mahler (1860-1911) | Kintertotelieder  (27’)
textos: Friedrich Rückert
I. Nun will die Sonn' so hell aufgeh'n!
II. Nun seh' ich wohl, warum so dunkle Flammen
III. Wenn dein Mütterlein
IV. Oft denk' ich, sie sind nur ausgegangen!
V. In diesem Wetter!
 
Antonín Dvořák (1841-1904) | Cuatro canciones, B. 124, Op. 2  (9’)
textos: Gustav Pfleger-Moravský
I. Vy vroucí písně spejte
II. Ó byl to krásný zlatý sen
III. Mé srdce často v bolesti
IV. Na horách ticho
        
Xavier Montsalvatge (1912-2002) | Cinco canciones negras (12’)
textos: Rafael Alberti, Néstor Luján, Nicolás Guillén e Ildefonso Pereda Valdés
I. Cuba dentro de un piano
II. Punto de Habanera
III. Chévere
IV. Canción de cuna para dormir a un negrito
V. Canto negro
 
Helena Ressurreiçao
Nacida en Portugal, remata a súa formación académica no Conservatori Liceu con Marisa Roca e traballa actualmente con Nuno de Araújo Pereira. Recibiu masterclasses de Dolora Zajcik e Grace Bumbry, e clases de Francisco Lázaro e Maria João Matos.
 
Interpretou o rol titular en “La Cenerentola” de G. Rossini e terceira dama en “Die Zauberflöte” de W. A. Mozart baixo a dirección artística de Teresa Benzanga e Francisco Araiza; Zia Principessa en “Suor Angelica” de G. Puccini, bruja en “Um sonho mágico” de Stela Lalova e madre en “Hänsel und Gretel” de E. Humperdink.
 
Foi dirixida por Mireia Barrera, Filipe Veríssimo, Jorge Matta, Manel Valdivieso, Daniel Mestre e Esteve Nabona. Actuou coa Orquesta Simfònica Victoria dos Ángeles, Orquesta de Cámara de Vic, Orquestra Sine Nomine e Orquestra XXI.
 
Recibiu o 1r premio da modalidade de canto no 88º Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España, e foi finalista no XIII Concurso Internacional de Música de Les Corts.
 
Destacan os seus recitais no festival ‘LIFE Victoria’, no Jardí dels Tarongers ou no Teatro Gil Vicente. Formando dúo con Marc Serra, recibiu masterclasses de Sholto Kynoch, Manuel García Morante e Francisco Poyato.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com