SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ABRE UN NOVO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA OBRAS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS



O Concello de Sober vén de abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes de axudas para obras de rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación integral (ARI). O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o trece de febreiro de 2019. Os interesados e interesadas poden tramitar as axudas e subvencións na Oficina de Rehabilitación de Sober, instalada no Concello, os mércores e venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.
 
Trátase da cuarta fase do ARI á que poden acceder os veciños e veciñas de Sober, único Concello de Galicia onde todo o territorio é considerado área de rehabilitación integral, tanto as parroquias como o casco urbano. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima á veciñanza a solicitar estas axudas que permiten “importantes actuacións nas vivendas do noso Concello recuperando e mellorando a situación de moitas delas”.
 
O custe total das actuacións da 4 fase ascende a 188.250 euros. Os beneficiarios poden obter ata o 40% do custo subvencionable da actuación e ata o ata o 75% se os ingresos son menores de 3 veces o IPREM. Poden obter un máximo de 12.000 euros por vivenda que se rehabilite. A contía subvencionable chega a un 65% do importe total se o solicitante é menor de 35 anos.
 
Quen pode acollerse ás axudas?
Para poder recibir as axudas os inmobles deben ter unha antigüidade superior aos dez anos. Os solicitantes deben acreditar a propiedade da vivenda e o compromiso de destinala a domicilio habitual ou aluguer.
 
Documentación a presentar
-Fotocopia do DNI do solicitante ou do representante cun documento que acredite a representación.
-Certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Seguridade Social.
-Acreditación de ingresos familiares ponderados.
-Título de propiedade ou do título suficiente de autorización para a realización das obras.
-Acreditación da antigüidade da vivenda.
-Certificado de empadroamento.
-Compromiso escrito de destinar a vivenda a residencia habitual ou permanente durante polo menos cinco anos desde a aprobación definitiva das axudas solicitadas.
-Orzamento das obras solicitadas firmado pola empresas construtora.
 
Na actualidade estanse a executar axudas para 11 vivendas correspondentes á terceira fase do ARI. A estas sumarase unha rehabilitación máis pendente de recibir aprobación en Figueroá.
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com